28/05/2021

SALVEMOS O PLANETA


Son moitas as consecuencias que, por mor das actividades humanas,  vese alterada a nosa contorna e ocasionan impactos negativos sobre o medio natural e os ecosistemas. 

Este tema que estamos a traballar na clase de CC Sociais, reforzouse grazas á magnífica exposición oral que, de xeito voluntario, nos presentou hoxe Marina baixo o título de : "SALVEMOS O PLANETA".

Falounos de aspectos moi, moi importantes a ter en conta para poder coidar o mundo en que vivimos.

Que sorte temos de poder contar con alumnado que se implique tanto no seu traballo,e así, poder aprender de todo o que nos achegades! Moitísimas grazas, e,... a seguir investigando!


                             Parabéns Marina!!👏👏👏

23/05/2021

UNIDADES DE SUPERFICIE

 PRACTICAMOS? ... ADELANTE!

14/05/2021

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS CASTAÑO

Este ano, o día das Letras Galegas, está adicado á escritora Xela Arias Castaño.


Queres coñecer máis sobre a vida e a obra da escritora lucense? Mira este video:

 
Nós, achegámonos a Xela Arias a partires do seu libro de poemas Darío a diario, e, ata fomos quen de  deseñar unha nova portada para o libro.
  
Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu en ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, como min, saben que es único.
...                                                                                           
                                                                  Xela Arias; Darío a diario, 1996
 


mural elaborado polo alumnado de 5º e 6º de EP

11/05/2021

DESTINO LUGO

 LEVÁNTASE O TELÓN!


 

O venres pasado continuamos coa lectura da obra teatral: "Destino Lugo". Por uns minutos convertémonos no Mago Merlín, en Froilán, na Meiga Irimia, no VII Conde de Lemos, en Petouto, en Marta, en Tomás, en Lucía ... e percorremos a provincia de Lugo: dende a Mariña á Serra de Meira, dende o nacemento do río Miño ata a Ribeira Sacra, de aí imos cara aos Ancares e ao Caurel ... facendo unha viaxe chea de risas e aventuras.

Aproveitando o bo tempo, sacamos a escena ao patio e aí limos e dramatizamos esta obra de teatro (aínda non rematamos)... e, por sorte,  ata saíu o sol un ratiño!


 





10/05/2021

UNIDADES DE MEDIDA

 ¡Recordamos las unidades de medida!

¿Cómo pasamos de una unidad a otra? Mirad atentamente este video que os va a recordar la conversión de unidades de medida. ¿Preparados? ... ¡Vamos!
 

07/05/2021

SCAPE GAME: LUCHANDO CONTRA EL VIRUS

¿Preparados para superar las diferentes misiones que os proponen?

Consigue el código de desbloqueo  para poder ayudar a salvar vidas .

 ¡Adelante!

04/05/2021

LEO BIEN

 14 ideas de Gif Libros | gif libros, libros, ilustraciones

A lectura  permítenos coñecernos mellor a nós mesmos. Fai que podamos compartir ou recomendar as nosas lecturas: noticias, libros, artigos… Axuda á comprensión de textos, mellora a gramática, o vocabulario e a escritura, e por suposto, facilita a comunicación.

No seguinte enlace, tedes actividades moi divertidas para practicar a lectura. Fai click na imaxe, mete a túa contraseña, e ... le ben!!

Esta páxina só estará activa durante 15 días. Así que, non desaproveites a oportunidade! Veña, adiante!

👇

 

03/05/2021

PASAPALABRA: A IDADE CONTEMPORÁNEA


 Lembramos datos sobre a Idade Contemporánea

Le ben as preguntas e trata de respostalas. Fíxate se a letra é a inicial da palabra, ou polo contrario, a palabra contén esa letra.

Preparados ... ADIANTE!!

 Pensar GIFs | Tenor

02/05/2021

PLATERO Y YO

Platero y yo
é unha obra escrita polo escritor e Premio Nobel de Literatura (1956) español Juan Ramón Jimenez que recrea poéticamente a vida do asno Platero, o seu inseparable amigo de nenez e mocidade.

Despois de disfrutar lendo e comentar a obra en clase, quixemos render homenaxe a este escritor facendo unha humilde pero "propia" versión da mesma. Esperamos que sexa de voso agrado.