18/06/2026

PROMOCIÓN 2026

Oxalá, nunca esquezades as gañas de preguntar ... e por que?, e que sigades atopando amizades tan boas como as que fixestes aquí! ...

MOITOS PARABÉNS, 6ºA!




















14/06/2026

VIAXE A CORUÑA

A piques xa de rematar este curso escolar, realizamos unha emocionante excursión á cidade da Coruña.

Comezamos a xornada cun día moi solleiro no que tivemos a oportunidade de aprender e divertirnos visitando a Casa das Ciencias, onde descubrimos fenómenos científicos a través de experimentos e actividades interactivas.

Ao remate desta primeira visita, gozamos dunha fascinante sesión no planetario que nos permitiu viaxar polo universo e coñecer mellor os planetas, as estrelas e outros misterios do espazo.

Como tiñamos un día longo por diante, paramos a recuperar folgos no Parque de Sta Margarida, e, a continuación, realizamos a última parada no Acuario Finisterrae, onde, observamos unha grande variedade de especies mariñas, e, ademáis de aprender sobre a importancia de coidar os océanos e a vida que albergan, saudamos a Gastón, o exemplar de tiburón que visitamos na Sala Nautilus, onde, máis dun/dunha, pensou ser o Capitán Nemo ao bordo do seu submariño.

Sen dúbida, unha fantástica xornada!




























03/06/2026

BRINQUIÑOS 2026

Unha nova edición da nosa revista escolar "Brinquiños" chea cargada de enerxía, creatividade e, sobre todo, das voces de quen fai vida no colexio.

Grazas a todos os que fixeron posible este número! Pasade a páxina, e, gozade da lectura!