Rodeados de virus, pero con todas as medidas de seguridade, celebramos a chegada do entroido no noso colexio.
Houbo regueifa entre mestres/as e alumnado, desfile pola rúa, e como non, música e baile.
Ademais, coincidindo nestas datas, co Día Mundial das Enfermidades Raras, o noso grupo achegou o noso graíño de area para lembrar a importancia da investigación nestas doenzas que afectan a un número reducido de persoas.
E despois dunha bo xornada, que mellor xeito que rematar cunha boa chocolatada?