Esta semana, iniciámonos na actividade do Plan Proxecta no que está a participar o noso centro: ECOHORTAS.
Acompañados da coordinadora do proxecto, a profe Lucía, máis a representante da asociación "Amigas da Terra", Tamara, fixemos da horta do noso colexio, un lugar de traballo, investigación e participación no que intercambiamos aprendizaxes e promovimos o traballo colaborativo.
Desexando que chega a vindeira visita á horta!!