hai moito tempo que non varres a cociña..."
Cando as follas vermellas visten os campos enlodados e as cabazas comezan a madurar ....
Cando as follas vermellas visten os campos enlodados e as cabazas comezan a madurar ....
Hoxe, o noso compañeiro Antón, quixo compartir con nós o premido acadado no 2º Circuito Padelprix, celebrado en Santiago, no que, nin máis nin menos, quedou Subcampeón na categoría alevín.
Se é que temos un grupo de grandísimos deportistas!!
MOITOS PARABÉNS, ANTÓN!!
Hoxe, participamos nun obradoiro presentado pola Fundación Educativa e Social "Dignidade" baixo o título de "ESCOLAS SEN VIOLENCIA".
Da man de Julián, o noso relator, reflexionamos e traballamos no xeito de aportar o noso gran de area na erradicación das conductas violentas no ámbito educativo, e, aprender a fomentar o bo trato nas aulas e tamén fóra delas.
Dende hai semanas, estivemos pendentes das votacións dos premios "El Progreso" ao deporte lucense 2025, apoiando ao noso compañeiro Iago, quen participaba na modalidade de squash.
Que ledicia cando soubemos que resultara premiado!!
MOITOS PARABÉNS, IAGO!!
Iago recolle o premio da man de Alfonso Riveiro, director de "El Progreso"
E, moitas grazas por compartir connosco o teu galardón!!
Continuando coa programación de "Luz ao deporte" grazas á invitación da Fundación Breogán, seguimos a iluminar camiños de inspiración e aprendizaxe.
Hoxe, tócanos gozar da presenza dos triatletas Jarno Pousada e Antonio Serrat, quen compartirán con nós a súa experiencia e visión do deporte como ferramenta de superación e crecemento persoal.