28/10/2025

SAMAÍN 2025

"Varre vasoira, vasoira miña
hai moito tempo que non varres a cociña..."

Cando as follas vermellas visten os campos enlodados e as cabazas comezan a madurar .... 


TERRORIFICAMENTE GUAPOS/AS!!!








E, que mellor xeito de rematar a festa que co recoñecemento do II Certame Literario "Maricastaña". 
Moi bo traballo de grupo! Merecido, sen dúbida algunha!


Moitos Parabéns, rapaces/as!!! 

27/10/2025

2º CIRCUITO PADELPRIX

Hoxe, o noso compañeiro Antón, quixo compartir con nós o  premido acadado no  2º Circuito Padelprix, celebrado en Santiago, no que, nin máis nin menos, quedou Subcampeón na categoría alevín

Se é que temos un grupo de grandísimos deportistas!! 

MOITOS PARABÉNS, ANTÓN!!




22/10/2025

ESCOLAS SEN VIOLENCIA

Hoxe, participamos nun obradoiro presentado pola Fundación Educativa e Social "Dignidade" baixo o título de  "ESCOLAS SEN VIOLENCIA".

Da man de Julián, o noso relator, reflexionamos e traballamos no xeito de aportar o noso gran de area na erradicación das conductas violentas no ámbito educativo, e, aprender a fomentar o bo trato nas aulas e tamén fóra delas.


18/10/2025

PREMIOS AO DEPORTE LUCENSE 2025

Dende hai semanas, estivemos pendentes das votacións dos premios "El Progreso" ao  deporte lucense 2025, apoiando ao noso compañeiro Iago, quen participaba na modalidade de squash.

Que ledicia cando soubemos  que resultara premiado!! 

MOITOS PARABÉNS, IAGO!!

Iago  recolle o premio da man de Alfonso Riveiro, director de "El Progreso"

E, moitas grazas por compartir connosco o teu galardón!!








16/10/2025

LUZ AO DEPORTE: JARNO POUSADA E ANTONIO SERRAT

Continuando coa programación de "Luz ao deporte" grazas á invitación da Fundación Breogán, seguimos a iluminar camiños de inspiración e aprendizaxe.

Hoxe, tócanos gozar da presenza dos triatletas Jarno Pousada e Antonio Serrat, quen compartirán con nós a súa experiencia e visión do deporte como ferramenta de superación e crecemento persoal.










Despois de asistir á  interesantísima entrevista dos dous triatletas, aproveitamos a mañá solleira de volta ao colexio. Fixemos unha parada musical inesperada... E, xa que foi unha xornada moi positiva de convivencia en grupo, que mellor xeito de rematala que cun anaquiño de tempo libre! 








Cool Red Outer Glow Pointer