30/11/2025

25 ANIVERSARIO DA MURALLA DE LUGO

 Con motivo do 25 aniversario da muralla de Lugo como Patr Patrimonio da Humanidade, asistimos ao acto organizado polo Concello de Lugo e o xornal "El Progreso". 

Convertidos en "GUARDIÁNS DA MURALLA", construímos xunto con centos de compañeiros/as doutros centros educativos da cidade de Lugo, o "PUZZLE DA MEMORIA" onde cada colexio, deixou plasmado un anaquiño de historia.

Despois de varios actos como a lectura do manifesto onde unha compañeira doutro colexio lembrou "a nosa responsabilidade de coidala",  fixemos un percorrido polo adarve da muralla  rematando a xornada na Praza Pío XII, punto de encontro dos tres Patrimonios da Humanidade que a nosa cidade atesoura: Muralla, Catedral e Camiño de Santiago.

Un acto ben bonito onde se uniron o pasado e o futuro; o monumento e os novos defensores!