En colaboración coa Fundación Breogán e a asociación "Dano Cerebral Lugo", participamos en dous obradoiros (un teórico e outro práctico) nos que da man de Pablo Freire, traballador social da asociación, puidemos reflexionar sobre diversidade funcional, accesibilidade e a importancia de adaptar os espazos deportivos para que todas as persoas podan participar.
Achegámonos á realidade de Boccia Adaptada, un deporte paralímpico que é exemplo de superación, inclusión e igualdade de oportunidades. E como non, tivemos a oportunidade de practicar esta modalidade deportiva que nos engañou a todos/as.
O noso agradecemento á Fundación Breogán por contar con nós unha vez máis noutra experiencia moi enriquecedora.
#6ºA tamén é capaz