10/03/2026

COMPLEMENTO DIRECTO E COMPLEMENTO INDIRECTO

O Complemento Directo (CD) e o Complemento Indirecto (CI) son palabras ou grupo de palabras (sintagmas) que acompañan ao verbo pero aportan información diferente sobre a acción do mesmo.

Le con atención a seguinte información. Axudarache a distinguir un complemento directo dun complemento indirecto.



Hai tres amigos que nos axudarán a diferenciar o CD do CI: "Olono", "Alana" e "Llelles":







Imos practicar o CD e o CI. Adiante!













05/03/2026

8 M: DÍA DA MULLER

As "Sinsombreiro" é un termo que se utilizou no ano 2015 para denominar a un grupo de mulleres españolas pertencentes á Xeración do 27 (1920-1927) que desenvolveron unha actividade constante e destacada en campos como a literatura, a poesía, a pintura, a música, o cinema ou a filosofía. Moitas delas acabaron exiliadas tras o estalido da Guerra Civil e continuaron a súa produción fóra de España.

As súas achegas están pouco estudadas e, na súa maioría, quedaron á marxe das antoloxías e os manuais de literatura e arte ata os nosos días.

Pero de onde sae a historia de as "Sinsombreiro"?



04/03/2026

PROXECTO BOCCIA ADAPTADA

En colaboración coa Fundación Breogán e a asociación "Dano Cerebral Lugo", participamos en dous obradoiros (un teórico e outro práctico) nos que da man de Pablo Freire, traballador social da asociación, puidemos reflexionar sobre diversidade funcional, accesibilidade e a importancia de adaptar os espazos deportivos para que todas as persoas podan participar.

Achegámonos á realidade de Boccia Adaptada, un deporte paralímpico que é exemplo de superación, inclusión e igualdade de oportunidades. E como non, tivemos a oportunidade de practicar esta modalidade deportiva que nos engañou a todos/as.

O noso agradecemento á Fundación Breogán por contar con nós unha vez máis noutra experiencia moi enriquecedora.















#6ºA tamén é capaz




Cool Red Outer Glow Pointer