28/04/2026

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

Comer, non é só unha necesidade básica, senón que tamén é unha das decisións máis importantes que tomamos para coidar a nosa saúde, o noso benestar e a nosa calidade de vida.

Grazas ao Ilustre Colexio Oficial de Enfermería de Lugo, puidemos explorar o que é realmente unha alimentación saudable, desmontamos algúns mitos comúns e puidemos observar como pequenos cambios nos nosos hábitos diarios, poden marcar unha grande diferenza a longo prazo.








22/04/2026

DÍA DO LIBRO 2026

 



Sabías que o libro máis vendido é "A Biblia"?
Que o libro máis traducido (en máis de 300 idiomas) é "O Principiño"?
e que o libro máis longo (máis de 3000 páxinas) é "En busca do tempo perdido"?
Seguro que sabes, que o 23 de abril, non é unha data escollida ao chou, senón que o 23 de abril, do ano 303, faceleu San Jorge e o 23 de abril do ano 1616, coincide tamén coa data do falecemento de tres grandes escritores: Miguel de Cervantes, Willian Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
Outra curiosidade, é que polo 23 de abril, festividade de "San Jorge", instaurouse a tradición de que as mulleres, a modo de resposta a regalar unha rosa vermella, regalásenlles aos homes un libro.
Pero sabes de onde vén esta historia? Pois, como non podía ser doutro xeito... dun LIBRO!!
Sí, do libro titulado "O cabaleiro, o dragón e a princesa".


Lembremos máis curiosidades dos libros

16/04/2026

ECOPERCUSIÓN


Estamos a participar no obradoiro de "EcoPercusión" organizado pola Área de Xuventude do Concello de Lugo de cara á festividade do Arde Lucus.

Estamos a gozar dunha actividade moi enriquecedora e creativa, na que estamos a demostrar moi ben, o bo ritmo que temos, o resultado espectacular dun traballo ben feito en equipo, e, por suposto, no que desexamos fortalecer o sentimento de comunidade entre os distintos colexios da cidade.

No mes de xuño, xuntarémonos con compañeiros/as doutros centros educativos da nosa cidade para ofrecervos o concerto final.









Así de ben nos foi no 1º día de ensaio!

PARABÉNS, RAPACES!!!



12/04/2026

EXTRANJERISMOS, ARCAÍSMOS Y NEOLOGISMOS

Todas las lenguas siempre se han enriquecido de aportaciones de otras lenguas y en la Lengua Castellana también ocurre. Las palabras del castellano tienen muchas procedencias, y para conocerlas nos adentraremos en conocer los "extranjerismos" y los "neologismos".

Los extranjerismos son palabras procedentes de otras lenguas que incluímos en nuestro vocabulario de manera cotidiana:



Los neologismos son aquellas palabras de nueva creación para situaciones u objetos que van apareciendo en nuestra vida cotidiana, y que, a base de usarlas en el día a día, se incluyen en la lengua siendo aceptadas por todos los hablantes.

Los arcaísmos son palabras, expresiones o construcciones gramaticales que han caído en desuso o se consideran anticuadas en el habla cotidiciana.

¿Practicamos? 



10/04/2026

PALABRAS TABÚ Y EUFEMISMOS

 Las palabras tabú son palabras que evitamos utilizar porque socialmente están mal vistas, hacen referencia a realidades consideradas desagradables, vulgares, soeces o políticamente incorrectas en determinadas culturas.

Suelen hacer referencia a enfermedades, términos escatológicos, racistas, sexuales o relacionados con la muerte, etc.

 En lugar de estas palabras se suelen utilizar otras con un significado similar pero que tienen menor carga negativa. Estas palabras se denominan eufemismos.

Veamos algunos ejemplos!


 

06/04/2026

O TREITO FINAL!

Quédanos moi pouquiño!!  

Despois de dous trimestres cheos de experiencias de aprendizaxe, estes tres últimos meses son decisivos para rematar ben o curso e dar por finalizada a etapa da Educación Primaria.
Neste período que temos por diante,  imos intentar entre tod@s,  afrontar con gañas este terceiro trimeste; facer que sexa unha etapa que nos axude  a manter o esforzo, a nosa responsabilidade no día a día,  e, por suposto,  a seguir aprendendo!!
 
Collamos con ilusión e con gañas de superación, a  derradeira etapa no Ceip Anexa para poder acadar os últimos chanzos que nos quedan por subir.
E ti, en que sitio estás?


 
Se fomos quen de superar o primeiro e o segundo trimestre, por que non, o terceiro?
 Adiante!!

28/03/2026

TARSIAS

As Tarsias matemáticas son crebacabezas manipulativos, formados por pezas triangulares que deben encaixarse unindo exercicios matemáticos, neste caso, operacións con números decimais, coas súas solucións correspondentes para formar unha figura xeométrica maior.

Esta mañá, traballamos coas Tarsias fomentando o traballo colaborativo, a aritmética, o cálculo e a xeometría de xeito lúdico.











Nas Tarsias, un só erro bloquea o avance. Se resolvemos incorrectamente unha operación, non atoparemos a peza que encaixa, o que nos obrigaría a revisar todo o camiño percorrido.
RETO CONSEGUIDO!! PARABÉNS, RAPACES!!




Cool Red Outer Glow Pointer