17/11/2025

25 DE NOVEMBRO DE 2025


Como cada 25 de novembro, lembramos o Día contra a Violencia de Xénero, unha data na que todo o mundo únese para dicir “Basta!” a calquera forma de malos tratos ou desigualdade cara ás mulleres.
Todas as persoas merecemos ser tratadas con agarimo, xustiza e respecto, sen importar se somos nenas ou nenos, mulleres ou homes, lembrando que, o contrario NON É NORMAL.

Entre todos podemos facer que as nosas casas, as nosas clases e o noso barrio, sexan lugares onde todas as persoas se sintan valoradas e protexidas.

agarimo, xustiza, comprensión, empatía, amor, bicos, tolerancia, tenrura, igualdade, amizade, tranquilidade, liberdade, amabilidade, comprensión ... iso, SI É NORMAL!


Levantemos un muro ben sólido fronte a violencia contra as mulleres, porque isto, vai con todos/as nós.

Cool Red Outer Glow Pointer