01/02/2026

DÍA DA PAZ 2026


Nelson Mandela, Teresa de Calcula, Sadako Sasaki, Marthin Luther King, Malala Yousafzai e Mahatma Gandhi, son os personaxes que escollimos este ano para afondar nas súas biografías como referentes mundiais da defensa da non violencia e a xustiza social na historia da humanidade.




Ao longo da historia, moitas voces denunciaron a violencia e o sufrimento causado polos conflitos, e unha das máis universais fíxoo a través da arte.
O Guernica, a obra máis emblemática de Pablo Picasso, converteuse nun referente mundial pola paz. Este cadro non mostra heroes nin vitorias; mostra a dor, o medo e a desesperación das vítimas inocentes.
Coas súas figuras rotas e os seus berros silenciosos, Guernica lémbranos as terribles consecuencias da guerra e convídanos a reflexionar sobre a necesidade de construír un mundo onde o diálogo e o respecto prevalezan sobre a violencia.
Pero, que garda o Guernica de Pablo Picasso?
Cool Red Outer Glow Pointer