Este ano, iniciamos a conmemoración do Entroido cos "MANDADOS DO MECO". Pero, coñeces realmente cal é o significado do MECO e que relación ten co Entroido?
Cóntase que a orixe deste personaxe, estaría na localidade pontevedresa do O Grove.
O Meco é un personaxe lendario na literatura popular galega, que segundo conta a tradición, respondía á figura dun cura ou seminarista, home ruín que ofendía e abusaba das mulleres, e como consecuencia dos seus feitíos e ofensas, estas tomaron a xustiza pola man e aforcárono nunha figueira.
Cando o xuíz abriu o sumario por tal axustizamento e preguntou: "quen matou ao Meco?" todos os homes e mulleres responderon ao unísono: Matámolo todos!
Ninguén pudo ser acusado.
Aparece documentada por vez primeira da man de frei Martín Sarmiento, que a cita na súa Viaje a Galicia, de 1745, como un sucedido uns oitenta anos antes da súa viaxe.
"Antes de entrar en el arenal do Vado a mano derecha hay tres montes y en la cima del del medio hay dos ganchos y entre ellos está la higuera famosa, porque en el Grove hay tradición que allí ahorcaron las mujeres al Meco, y yo mandé cortar unas ramas de dicha higuera para llevar a Madrid por bufonada"
A ameaza de «se non calas, lévate o Meco» foi utilizada por moitas nais para que os seus meniños e meniñas calasen se choraban ou facían trasnadas.
Hoxe en día, a figura do Meco no entroido galego, representa a burla e a sátira, e, seguindo a tradición, a queima do Meco realízase durante o serán do Mércores de Cinza despois do enterro da sardiña poñendo fin ás festas pagás do Entroido e dando paso á Coresma.
Seguro que coñeces máis personaxes e tradicións do Entroido Galego!
Demostra o que sabes!







.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)



.jpeg)

.jpeg)
.jpeg)
.jpeg)