25/03/2021

VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Despois dun intenso segundo trimestre, tócavos disfrutar dun moi merecido descanso!

Non vos esquezades de ler todos os días ese libro que tanto vos gusta, e ... por qué non, escribir algunha historia, un haiku ...? Animádevos! 😍

Disfrutade moito destes días, pero iso si ... "moito sentidiño", por favor! 

Estaremos de volta o vindeiro martes, día 6 de abril.

Huevos de Pascua - GIFMANIA

07/03/2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2021

Sabías que ao longo da historia, ás mulleres negóuselles o dereito á educación, o dereito ao voto, a ter un traballo fóra da casa, e incluso a ter contas bancarias, só polo feito de ser muller? 
É máis, estes problemas e outros,  aínda seguen a suceder hoxe en día en moitos países.
Por iso, este día que conmemoramos,  é un bo momento para a reflexión sobre os logros acadados nos derradeiros anos en materia de igualdade, e especialmente, para intentar erradicar todas as formas de discriminación contra as mulleres e as nenas que todavía hoxe persisten na sociedade.

Pero, cal é a orixe do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER? 

Mirade atentamente este video:

 

Nós, tamén queremos ser partícipes deste día, rendíndolle unha homenaxe a todas aquelas mulleres que foron e seguen sendo importantes nas nosas vidas. 

Por todas nós: 

 
fillas, nais, avoas, irmás, curmás, tías, sobriñas, amigas, compañeiras, alumnas, mestras, veciñas ... esta pequena homenaxe que o curso de 6ºB  vos adica este 8 de Marzo, agardando que ... 

"CADA DÍA CONTE COMO 8 DE MARZO".

                                                Mural realizado polo alumnado de 5º e 6º curso de EP
 

 

02/03/2021

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Galiza non se pode entender sen Rosalía de Castro e a súa obra. 
Rosalía de Castro naceu en Padrón (Santiago de Compostela) o 24 de febreiro de 1837 e pronto se converteu nunha das máis notables figuras da cultura galega, do “Rexurdimento galego”.
Poeta e novelista, Rosalía de Castro é unha das mellores escritoras da historia da literatura galega e española.
Para conmemorar o día adicado a Rosalía de Catro, decidimos traballar un dos seus poemas máis coñecidos e admirados: 
"ADIOS RÍOS, ADIOS FONTES"
  
Apetécevos cantar o poema de Rosalía de Castro? 
Disfrutádeo!

Cool Red Outer Glow Pointer