21/12/2020

FELICES FESTAS!


O grupo de 6ºB deséxavos 

BO NADAL 

E FELIZ ANINOVO!

Os nosos mellores desexos para tod@s!
Decoración de Navidad - GIFMANIA

                              Autora da postal: Leire Meilán Rodríguez

Lineas Animadas de Corazones - GIFMANIA


                        Autora do texto: Mencía Álvarez Varela

Lineas Animadas Navideñas - GIFMANIA

19/12/2020

PHOTOCALL DO NADAL

O pasado xoves, algo se estaba a argallar no cole (pronto o saberedes...), pois,  alumnado máis mestres, tivemos que arranxarnos de acorde ás datas que están a chegar. 

A nós, mandáronnos ao patio, e mentres  agardabamos a que chegara o noso momento, e a mañanciña estaba algo fresca ... pois, aproveitamos o tempo e improvisamos un "photocall de nadal" (iso si, sempre marcando distancias de seguridade).

Deste xeito, entramos en calor e pasamos un anaquiño ben divertido.

Mágoa que nos faltara Iker, porque ese día non pudo vir ao cole 😢 pero estou segura que haberá máis actividades que podamos compartir tod@s xuntos!

Aquí tedes o resultado da nosa espera






 


 

E que mellor maneira que rematar na aula deste xeito!

Estade atentos ao blog do colexio ... 😉
 

 

16/12/2020

CIRCUITOS ELÉCTRICOS

Esta mañá, Alba , sorprendeunos a tod@s co traballo de Naturais que elaborou na casa: construíu un circuito eléctrico que nos presentou na aula. 

Amosounos e comentounos como fixo o circuito, a función de cada unha das partes que o compón: o interruptor, o xerador, os fíos condutores e a lámpada,e, comprobamos que realmente funcionaba. 

Sen dúbida, un traballo excelente! 

Parabéns Alba! 👏👏👏

Velaí a mostra do que vos estou a contar:

Pablo Rodríguez, tamén quixo aportar o seu grao de area a este tema, e, tróuxonos hoxe, outro circuito eléctrico feito por él.

Moitas Grazas Pablo! Moi bo traballo! 👏👏👏

 Autor: Pablo Rodríguez

Merecedores de recoñecemento son tamén os circuitos eléctricos que fixeron e nos amosaron Pablo Gallego e Marina Vigo.  

Moi bo traballo, Marina máis Pablo! 👏👏👏

(Quen sabe se desta clase sairá algún inxeñeir@! 😉) .

Autor: Pablo Gallego
 
Circuito en paralelo e circuito en serie:

Autora: Marina Vigo


14/12/2020

RELATOS DE NADAL

Decoración de Navidad - GIFMANIA

Agora podedes ler os vosos relatos de nadal na  revista 

Escritores do Nadal

Disfrutade coa lectura!

ESCRITORES DO NADAL

Decoración de Navidad - GIFMANIADecoración de Navidad - GIFMANIA

O NADAL

Que fermoso é o Nadal!

Cantigas e risas

veñen  a anunciar

que peta na porta

a luz do Nadal.

 

Que fermoso é o Nadal!

Chegan os pastores

todos no portal

vendo ao neno están

e o boi e a mula calor lle dan.

 

Que fermoso é o Nadal!

Os Magos de Oriente

veñen rápidamente

contenta ven a xente,

guiados pola estrela relucente.

 

Que fermoso é o Nadal!

Melchor, Gaspar e Baltasar

agasallos lle van dar

ao neno do pesebre

que sempre está alegre.
Autor: Sergio Fernández Arrojo

Personas en Navidad - GIFMANIA  

O NENO XESÚS

Era unha noite moi fría

e o ceo brillaba coas estrelas

o neno estaba no berce

xunto a el María e Xosé

máis a mula e o boi.

  
Nesa noite tan fría

o boi dáballe calor

de lonxe viñan os Reis Magos

guiados pola estrela de Belén:

Baltasar, Melchor e Gaspar.

 

Melchor levaba mirra

Baltasar levaba ouro

Gaspar entregou incenso.

Estaban cansos pero moi contentos,

os pastores tamén levaban agasallos.

 

Todo o mundo estaba alegre

polo nacemento do neno Xesús

e querían ver o neno entre as pallas

cos cabelos de ouro e os ollos azuis,

O REI DOS XUDEOS 

                                  Autor: Pablo Rodríguez Dosío

Bolas de Cristal Navideñas - GIFMANIA

12/12/2020

KAHOOTS DE EUROPA

Déixovos enlaces aos kahoots sobre o relevo e os ríos de Europa para que podades practicar; ben, entre vós, ben individualmente. Non hai que poñer código, só tedes que poñer o voso nome.

Estes kahoots só estarán activos ata o vindeiro luns.

Clickade sobre a imaxe para empezar a practicar

KAHOOT RELEVO DE EUROPA

👇

KAHOOT RÍOS DE EUROPA

👇



03/12/2020

02/12/2020

A LUZ E O SON

Que vos parece se repasamos as dúas formas de enerxía que xa coñecemos? A LUZ E O SON.

Botádelle unha ollada aos videos que vos deixo!

Lembrades a proba de efecto óptico que fixemos na clase?

Ás veces, vemos cousas que non son como realmente cremos velas. Son os chamados EFECTOS ÓPTICOS.

Mirade outros exemplos de efectos ópticos. Verdade que son interesantes?

 

e,  xa por último, repasade o que aprendimos hoxe sobre O SON:

29/11/2020

A ENERXÍA

Repasamos CC.Naturais? 

Mirade con atención os videos que vos deixo sobre a enerxía.

Que é a enerxía?


Que  son as enerxías renovables e as enerxías non renovables?


Que vos parece se repasamos xogando un pouco?  
Tratade de lembrar todo o que levamos aprendido do tema anterior "A materia" e fixádevos nas preguntas sobre "A enerxía"; algunhas tedes que sabelas, e outras, axudarannos a preparar a parte que nos queda por ver do tema.
Ánimo, seguro que o faredes moi ben! 
Iso si, intentade caer o menos posible! 😉 

26/11/2020

ELECCIÓN DE DELEGADOS/AS DE AULA

Xa hai uns días, celebramos a elección do delegado/a e subdelegado/a da aula.

Formaron a mesa electoral: Iker Álvarez González , que actuou como presidente, e, Mencía Álvarez Varela, que actuou como secretaria (o maior e a máis nova do grupo-clase respectivamente).

Houbo unha listaxe bastante longa de candidatos/as que se presentaron á elección, e, estou ben segura que calquera deles/as o farían moi ben.

O escrutinio estivo moi emocionante; de feito, tivemos que facer unha segunda votación para escoller ao subdelegado/a pois houbo empate entre candidatos.

Co reconto final, coñecimos aos representantes do grupo 6ºB:

Pablo Gallego Fernández: Delegado do grupo 6ºB

Alba Rego Vázquez: Subdelegada do grupo 6ºB

 

 

Pablo e Alba, Parabéns!
felicidades - GIFMANIA

 No seguinte enlace podedes consultar a acta da elección: 


flechas web abajo - GIFMANIA 

 Acta da elección de delegados

24/11/2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


A INSULTES, A TOQUES, A LASTIMES, A MANQUES, A PEGUES, A AGRIDAS, A MACES, A OBRIGUES, A GOLPEES, A MALTRATES, AO SUICIDO, ÁS MALLEIRAS ... NON NOS MATES!


 
O CURSO DE 6ºB TAMÉN DI: 
"NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO! "
 

 

18/11/2020

POTENCIAS

Recordamos las propiedades de las potencias. Seguid el siguiente video con atención, y, a continuación, pasad a la siguiente actividad (necesitareis papel y boli 😉).

 Jugamos con las potencias?

Emoticonos 3D - GIFMANIA

17/11/2020

RELEVO DE EUROPA

Como falamos esta mañá, déixovos  o video sobre o relevo de Europa para que podades repasar un pouquiño. Lembrade que está en castelán! 😉

Coas dúas seguintes actividades poderedes pasar un bo rato consolidando e ampliando o voso coñecemento sobre o relevo europeo. Ánimo! 😀 

(Clickade no botón  para acceder ao  primeiro  xogo) 

 👇

Agora, viaxade polo continente europeo para seguir coñecendo máis datos do seu relevo.

14/11/2020

LÍMITES DE EUROPA

Europa é o continente coñecido como "Vello Mundo" ou "Vello Continente"  porque foi o territorio que se coñeceu primeiro por recoñecidas civilizacións que fixeron vida alí.

Europa é o 2º continente máis pequeno do mundo (detrás de Oceanía) e o 3º continente máis poboado despois de Asia e África.


CALES SON OS LÍMITES DE EUROPA?


Seguide con atención o video que vos deixo:

02/11/2020

MÁXIMO COMÚN DIVISOR


 RECORDAMOS!

 
LEE ATENTAMENTE!
 
 
SERÁS CAPAZ DE ABRIR EL CANDADO? 
ENTRA EN EL LABERINTO DE LA DIVISIBILIDAD 
Y DESCIFRA EL CÓDIGO SECRETO ...SUERTE! 

31/10/2020

SAMAÍN 2020

 31 DE OUTUBRO: SAMAÍN 

Pantasmas - cabazas - meigas - morcegos - meigallos - falcatruadas - demos - néboa - espíritos - gatos - feitizos...


O Samaín deriva da palabra samhain, que significa "fin do verán" e designa a festa celta que conmemora o cambio de estación ( do verán ao inverno).

Celébrase o remate da cosecha como o derradeiro día do ano conforme ao calendario celta, o cual tería lugar a noite do 31 de Outubro.

Esta noite tamén é  coñecida como "a noite dos calacús" (cabazas). Cóntase que na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, abríanse as portas do máis alá, e, as almas dos defuntos aproveitaban para visitar o mundo dos vivos. De aquí xurden moitas das lendas galegas, algunhas delas, con bruxas como protagonistas ... 

                                   

MIRADE A VER SE AS HAI ...! 

 


28/10/2020

ACHEGÁMONOS AO ORIGAMI

O origami é unha arte que consiste no pregado de papel sen usar tesoiras nin pegamento para obter figuras de formas variadas, moitas das cuales, poderían considerarse como esculturas de papel.

Lembrades a historia de Sadako Sasaki que vos contei na clase? 

Hai unha lenda xaponesa que conta que o teu maior desexo pode facerse realidade se eres quen de construir 1000 grullas de papel.

 Para iniciarnos no Origami, e aproveitando que estamos na época do SAMAÍN, imos xuntar o origami, a expresión artística e a celebración dunha das tradicións máis enraizada e enxebre da nosa terra. 

Imos comezar por facerlle un pucho a unha meiga!

Os pasos a seguir son os seguintes:

Por se quedansen dúbidas, podemos seguir os pasos no seguinte video:

26/10/2020

BOOM LINGÜÍSTICO!

Apetécevos xogar ao "Boom"?  Sabedes como se xoga? 

Pensade ben antes de escoller a resposta, porque, se non é a correcta, corredes o risco de que vos estoupe a bomba e teríades que volver a empezar.

 Preparados? Imos! ...💣

22/10/2020

HIDROGRAFÍA DE ESPAÑA

Déixovos esta actividade para que podades practicar os ríos da nosa península. 

En cor vermella: Os ríos da Vertente Cantábrica ( dende Cabo Ortegal ata o golfo de Biscaia)

En cor azul: Os ríos da Vertente Atlántica (dende O Cabo Ortegal  ata o Estreito de Xibraltar).

En cor morada: Os ríos da Vertente Mediterránea (dende O Estreito de Xibraltar ata o Cabo de Creus. 

Ademáis, clickando no nome de cada  vertente, poderedes repasar tamén as características e peculiaridades dos ríos que pertencen á mesma.

Ollo! Os nomes están en castelán 😉


16/10/2020

O NOSO LEMA

Un lema é unha frase ou consigna que actúa a modo de motor, impulsando as nosas accións cara unha meta ou ideal.

Un lema ben feito e realmente efectivo, vai definir a intención ou conducta dunha persoa, dun grupo, dunha institución, dun país... e isto, é o que queremos que aconteza.

A clase de 6ºB queremos facer saber a nosa intención como grupo. Somos un grupo que compartimos horas de traballo, de colaboración, de compañerismo, e, tamén de normas (sobre todo dadas as circunstancias que estamos a vivir). Por iso, decidimos crear e deseñar un lema propio.

Colaboramos tod@s na elección, e decidimos quedarnos coa frase que Pablo Gallego aportou e co deseño que Leire Meilán fixo para presentar o lema. 

Sen dúbida, un claro exemplo dun MOI BO TRABALLO EN EQUIPO! Que gusto dá! 💖

Pois aquí, o noso lema!

Tentaremos que non se nos esqueza 😉

10/10/2020

CIRQUE DU SOLEIL

"Hai cousas na cor que xurden en min mentres pinto, cousas grandes e intensas."

Vincent Van Gogh


Estes días estivemos a traballar a importancia das cores no nosa vida: as cores das paisaxes cando cambian de estación, as cores á hora de vestirnos, as cores dos espectáculos... 

E se de espectáculos estamos a falar, collamos un dos máis importantes: o circo... O CIRCO DO SOL!

 
O Circo do Sol ten a súa orixe no Canadá. Alí, a principios dos anos 80, había un grupo de novos artistas que facían malabares, bailaban, andaban sobre zancos e tocaban música na rúa ante a admiración dos habitantes do lugar.

Na área de Educación Artística (Plástica) decidimos explorar as cores a través das maquillaxes do circo: 


Que traballos máis bonitos creásteis! 👌

Botádelle unha ollada!

Cool Red Outer Glow Pointer