30/11/2023

NÚMEROS ENTEROS

¿Entendimos lo que es un número positivo y un número negativo? Recordémoslo!

 Jugamos con los números enteros?  

Los 5 matemáticos más importantes a lo largo de la Historia (Copérnico, Descartes, Einstein, Newton y Pitágoras) piden vuestra ayuda para encontrar los números enteros desaparecidos.

¿Estáis dispuestos a ayudarles? ... ¡BUEN VIAJE!

29/11/2023

PROXECTO MUSICAL

Este curso, a área de Proxecto Competencial, ten un sonido moi armonioso: estamos a investigar e a traballar no mundo da música. 
Entre nós, temos compañeiros moi aficionados ao mundo musical: dende os ACDC, os Rolling Stones... ata a música clásica!
É o caso de Dani, que non dubidou en traer a súa guitarra para presentarnos en vivo e en directo unhas pezas musicais. Agradecemos estas maravillosas iniciativas!! Disfrutade!

 Parabéns, Dani!

20/11/2023

25 DE NOVEMBRO 2023

Como cada 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller .

A Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller, emitida pola Asamblea Xeral da ONU no 1993, define a violencia contra a muller  como:

 "todo acto de violencia que teña o poda ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto si se producen na vida pública como na vida privada".



Hoxe, vas descubrir que o mundo é só para ti ;
que ninguén pode facerche dano ...



Mural realizado polo alumnado de 6º curso EP

16/11/2023

O CORPO HUMANO

Dende hai uns días, temos un novo compañeiro na nosa aula. Non sabemos moi ben o seu nome completo, pero contan na clase,  que é coñecido como "Mariano".
Non temos queixa ningunha del! (el tampoco laia moito).
Mariano, escóitanos con atención, míranos fixamente a cada intre, e, grazas a el,  coñecemos 
máis de preto o noso corpo. Cada día aprendemos un anaquiño máis del e descubrimos a maquinaria tan perfecta que temos no noso interior. 

Gala máis Roger, animáronse a poñerlle, a modo de "tatoos", algúns dos nomes dos ósos que compoñen o seu craneo e o seu tronco. 

En resumidas contas... que estamos encantados de telo connosco! 


10/11/2023

VISITA DOS XOGADORES DO CD LUGO SALA

Hoxe, acompañados do seu entrenador, Guillermo Martínez, visitaron a nosa clase, dous xogadores do CD Lugo Sala : Luis Longo e Iago Tenreiro.

O equipo que está en plena tempada deportiva, convidounos a acompañalos no próximo partido, agasallándonos con entradas de balde, e tamén, coas súas sinaturas.




Moita grazas pola visita e, sobre todo,
MOITA SORTE!!

08/11/2023

CONSTRUÍMOS UNHA MAN ROBÓTICA

Para coñecer como se moven as nosas mans e achegarnos aos osos que hai no seu interior, estes días construímos na clase, unha man robótica.

Estes son os materiais que utilizamos: 


Cecilia, amosounos o resultado do seu traballo e explicounos o proceso de elaboración, así como, o funcionamento da súa man robótica.

Parabéns, Ceci!!
Ollade o resultado!
A man robótica, imita o deseño dunha man humana. 
Cando dobramos un dedo, un músculo (nós tirando do fío) do noso antebrazo tira dun tendón (o fío) , unha fibra longa e resistente que conecta o músculo co óso (palliñas) e fai que o dedo se dobre pola articulación.

03/11/2023

APADRIÑAMENTO LECTOR

 Hoxe recibimos unha moi grata visita na aula de 6ºA!

Varios alumn@s de 2º da ESO, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, entre eles, antigo alumnado do noso centro, acompañados da súa profesora de Lingua Galega e titora, Ana Rouco, compartiron connosco unha agradable velada na que nos falaron do proxecto de irmandamento que están a desenvolver con outro IES das Pontes de García Rodríguez. 

Animáronnos a ler e deleitáronnos coa lectura do libro no que os Bolechas corren moitas aventuras nesta localidade.

Estivemos encantados coa visita, e, agardamos cos brazos abertos a seguinte .





Moitas grazas,
 Ana, Saul, Lara, Candela, Nerea e Gabriela!
Seguimos a ler ...

Cool Red Outer Glow Pointer