31/03/2022

2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO AUTISMO


 

Que é para ti a felicidad?


Para nós a felicidade é ...



A Asamblea Xeral das Nacións Unidas instaurou en 2007 o2 de abrilcomo Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, co obxectivo de poñer de relevo a necesidade de contribuír a mellorar a calidade de vida das persoas con TEA e promover a súa inclusión en todos os ámbitos da sociedade como cidadáns de pleno dereito.

Nós, unímonos a esta conmemoración achegándonos á linguaxe dos pictogramas, e, elaboraborando estes bonitos "pictochaveiros"...


... porque todos somos pezas dun puzzle onde encaixamos!


28/03/2022

AS PLANTAS

Déixovos o kahoot que fixemos na aula para que podades repasar un pouquiño. 

Estará activado ata o mércores, 30 ás 21:00h (lembrade facer un uso responsable do mesmo 😉)

Fai click na imaxe para empezar

Adiante!!

 


Ademáis, a compañeira Lara, elaborou voluntariamente un genially moi chulo que nos axudará a repasar esta materia. 
A que agardades para empezar?

Que gusto dá ter alumnado tan voluntarioso!! Moitas grazas, Lara!!



18/03/2022

VISITA AO VELLO CÁRCERE

 

A piques de empezar a "furgar" na historia do noso país, recibimos unha audio-carta de NEMESIO COBREROS, arquitecto de edificios e construcións da nosa cidade  tan emblemáticas como o Seminario Mayor, o Templete da Praza Maior, e, o Vello Cárcere.

O arquitecto, convidounos a achegarnos ata o edificio con máis de 130 anos, que hoxe, está convertido nun lugar de encontro social e cultural: O VELLO CÁRCERE.
Esta foi a súa invitación:
 
Por suposto, aceptamos gustosamente, e, ... alá fomos!
A visita resultou  moi, moi interesante!!
Botádelle unha ollada ao resume que vos deixamos no seguinte video. Disfrutádeo!


12/03/2022

PLAN DIRECTOR: INTERNET, OPORTUNIDADES E RISCOS

Este venres, recibimos na nosa aula ,unha charla informativa/formativa que forma parte  do PLAN DIRECTOR  para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna, que aborda, todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.

A actividad foi impartida por un representante das Forzas e Corpos da Seguridade do Estado, que baixo o título "INTERNET, OPORTUNIDADES E RISCOS" falounos, entre moitos aspectos máis, das novas necesidades en materia de seguridade , derivadas da sociedade cambiante: uso correcto da internet e as novas tecnoloxías (como crear contrasinais seguras, a importancia de non facilitar datos persoais , perigos de compartir arquivos e fotos, que son os enlaces e arquivos spam...) e dous temas moi importantes: o CIBERACOSO e o GROOMING. 

Como reflexo desta situación actual, presentáronnos o video titulado "LOVE STORY" claro exemplo da temática que estivemos a abordar.

Deíxovolo a continuación por si queredes visionalo  novamente. Moi, moi interesante!




Fronte a estas situacións, a necesidade de poder usar as novas tecnoloxías de xeito seguro. Estas foron as recomendacións que nos deixaron en canto a CIBERSEGURIDADE:







07/03/2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 2022

 


Hoxe, sairemos lucindo a nosa chapa conmemorativa do Día Internacional da Muller.


A figura da muller estivo relegada a un segundo plano durante case toda a historia en moitos campos do coñecemento.

Á sombra dos seus compañeiros homes, deixaron importantes pegadas na ciencia, a cultura ou a filosofía, aínda que na actualidade o seu labor siga sendo descoñecida para moitos.


Dende a primeira edición en 1901 dos Premios Nobel, tan só 54 mulleres foron galardoadas nalgunha das cinco categorías fronte aos 869 homes; é dicir, unicamente un 5,8% delas, foron recoñecidas nesta cerimonia.
Marie Curie foi a primeira, en 1903 (Física) e 1911 (Química), e seguíronlle figuras como Emily Greene Balch (Premio Nobel da Paz en 1946) ou Maria Goeppert - Mayer (Premio Nobel de Física en 1963).
Moitas grazas, Daniela , por achegarnos material para a conmemoración deste día!!






POLONIA - ANDORRA - FRANCIA

Hoxe rematamos a nosa viaxe por Europa cunha triple escala: Partimos de Polonia para chegar a Andorra e dende alí, desprazámonos a Francia.


A primeira en chegar, foi a embaixadora de Polonia. 

Sabíades que en Polonia se falan , entre outros idiomas máis, o eslovaco, o checo, o ucraniano e o ruso? 

Impresionounos cando nos contou que na ciudad polaca de Wielicza, hai minas de sal que teñen unha profundidade de 327 metros e unha lonxitude de 300 Kilómetros. É por iso que recibe o nome de "Catedral subterránea da sal de Polonia".


Aquí tedes toda a información que nos deixou a súa embaixadora.



Dende Polonia partimos cara Andorra. O seu embaixador tróuxonos moitísima información sobre este país. Comentounos que Andorra é un dos países que menos densidade de poboación ten.
Explicounos que aínda que Andorra ten fortes vínculos coa Unión Europea (forma parte do espacio Schengen), aínda non se incorporou á eurozona.


Botade unha ollada ao video que nos presentou o seu embaixador e a toda a información que nos deixou.



E para rematar esta emocionante viaxe, quedamos en Francia, un dos países que acolle a máis de 42 millóns de turistas ao ano.
A súa embaixadora recomendounos moitas cousas: por suposto, visitar a súa capital, Paris, coñecida como a "Cidade da luz" e desfrutar de todas as marabillas que esta capital ofrece.
Sabíades que Marie Curie, física e química que foi pioneira no campo da radiactividade, polaca de nacemento, tiña a nacionalidade francesa?


Non deixedes de admirar todas as marabillas que este país ofrece! Canta información temos!


PARABÉNS RAPACES!
E chegamos ao remate desta viaxe! 
Temos un pasaporte  bastante completiño co que fomos percorrendo unha parte ben importante de Europa.
Pero, sen dúbida, o máis importante é a bagaxe cultural que fomos adquirindo grazas á colaboración de todos vós. Decatareivos de que con pouquiño que acheguemos cada un de nós, o que recibimos é moi, moi grande.
Foron unhas semanas moi amenas e dinámicas!
Felicitarvos a todos por este proxecto que sacastes adiante!!
PARABÉNS A TODOS!!


03/03/2022

GUERRA RUSIA - UCRAÍNA


Custa crer que a estas alturas da historia, os países sigan a "defender" os seus intereses na guerra. 

A guerra, a manifestación máis violenta dun conflito entre diferentes grupos humanos.

Coa lembranza imborrable das dúas contendas mundais e os seus máis de 60 millóns de mortos, fixamos a nosa atención no panorama bélico actual: A guerra entre Rusia e Ucraína. 

Pero, cales son os motivos polos que Rusia invade Ucraína o pasado 24 de febreiro? 

Imos intentar entender a historia de onde xurde este conflito.

Cool Red Outer Glow Pointer