22/04/2022

DÍA DO LIBRO 2022





Que é ler para ti?


As nosas recomendacións de lectura son:

Jimena, alumna de 4º EP, quixo colaborar con nós nesta actividade, e, achegounos a súa recomendación de lectura. Un verdadeiro agasallo para todos os que formamos  o grupo de 6ª A!! Que sorte temos! 
Moitísmas grazas, Jimena,  pola túa iniciativa e aportación á conmemoración do Día do Libro !!
E agora, apetécevos unha viaxe máxica ? 
Non o dubides, e ... Anímate a ler !!

20/04/2022

XERMINACIÓN DUNHA SEMENTE

¿Pode unha semente xerminar sen luz? esta é a hipótese que nos plantexamos na clase de Ciencia Naturais.

Fixemos dúas probas:

Proba 1: sementes con humidade e con luz.

Proba 2.: sementes con humidade pero sen luz.

Resultado: as sementes da proba 2 xerminaron  antes  cas sementes da proba 2.

Unha vez, xerminadas, é momento de  plantalas. Así foi:


Este é o resultado (unha semana  despois) :

outra semana máis ...


 

CONCLUSIÓN: As sementes poden xerminar sen luz se teñen suficiente humidade, pero, si, precisan luz solar para medrar.

09/04/2022

SESIÓN DE PIRAGÜISMO


Tendo moi presente que o pasado día 6 de abril foi o "Día Internacional do deporte para o desenvolvemento e a paz", baixo a coordinación do profesor de E.Física, Emilio, recibimos na clase a un representante do equipo de piragüismo "Cidade de Lugo", que nos achegou á práctica deste deporte que está a ter moitos aficionados na nosa cidade, e, que conta  xa ,cunha tradición duns 25 anos.

A sesión foi  máis completa do que podíamos imaxinar, pois, ademáis de toda a información que nos achegaron, tivemos a sorte de contar coa piragüa e o material propio para a práctica desta modalidade deportiva, na propia aula.








ANÍMASTE?

04/04/2022

AS ETAPAS DA HISTORIA


Queredes coñecer as etapas da nosa historia? 
Mira e escoita con atención o seguinte video: 

No seguinte eixe cronolóxico podedes situar algúns dos acontecementos máis importantes das diferentes etapas da  historia: 


Cool Red Outer Glow Pointer