27/04/2023

HORTO ESCOLAR

Sabíades que temos un horto no noso cole? Pois, si! Temos un horto moi chulo cunha variedade importante de plantas!

O noso cole, participa dende o Departamento de Pedagoxía Terapéutica, no "Proxecto Ecohortas", a través do cal, ademáis de poder adquirir moitos coñecementos sobre agroecoloxía, planificación e deseño da horta, alimentación, e un montón de cousas máis, axúdanos a adquirir importantes habilidades persoais e de grupo.

Hoxe, a profe Lucía, invitounos a achegarnos ao horto. Xunto con Lucía e Tamara (da agrupación "Amigos da Terra"), puidemos recoñecer diferentes plantas e as súas propiedades beneficiosas para a nosa saúde, ulimos própolis, algúns compañeir@s masticaron a rúcula, arrincamos ravos, vimos os primeiros amorodos (mágoa que aínda non se lles poda botar o dente), botamos cinza, regamos a horta ... e, plantamos as lentellas de Mara!

Foi unha visita curta que nos soubo a moi pouco! Moitas grazas Lucía por convidarnos, e... agardamos ansiosamente a túa chamada! 😉

Mirade o ben que nos foi!

25/04/2023

EXPERIMENTO: VOLUME E FLOTACIÓN

O volume é o espazo que ocupa un corpo. O LITRO é a medida de volume. 

A flotación é unha propiedade dos corpos que nos indica a capacidade de manterse enriba dun líquido.

Para calcular o volume, precisamos: 


Mirade como calculamos o volume de diferentes corpos, ademáis de recoñecer a propiedade de flotación.

16/04/2023

DÍA DO LIBRO 2023



Sabías que o primeiro Día Internacional do Libro que se celebrou foi o 7 de outubro de 1926, pensando que coincidía coa data do nacemento de Miguel de Cervantes? (hoxe mántense o 29 de setembro como data do seu nacemento).

A idea foi do escritor Vicente Clavel Andrés, quen propuxo a idea de establecer un "Día oficial do libro" á Cámara Oficial do Libro de Barcelona, e o día 7 de outubro quedou marcado como a Festa do Libro Español. Aínda así, ao cabo dos anos, empezouse a cuestionar se esta data era realmente o nacemento de Cervantes. E por esta razón (e tamén porque parecía máis práctico facer unha celebración ao aire libre nunha época de máis calor) en 1930, decidiuse mover o Día do Libro ao 23 de abril.

Trátase dun día simbólico para a literatura mundial, xa que ese día, pero en 1616, finaron tres importantes escritores da literatura universal: Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e Shakespeare.

Cervantes, en realidade, morreu o 22, pero foi soterrado o 23, e en canto a Shakespeare, ese 23 de abril, corresponde ao calendario xuliano, vixente aínda na Inglaterra isabelina.

Queres coñecer un pouco máis sobre Miguel de Cervantes e o seu "Ingenioso Hidalgo Caballero Don Quijote de la Mancha"? ... Adiante!

Nunha biblioteca podes vivir multitudes de aventuras. Apetéceche dar unha volta por unha biblioteca máxica? 

Non perdas tempo, e axuda a atopar os libros perdidos!

Aurora, irmá de Irene, e, Marta, a nai de Martín e Blanca, quixeron colaborar connosco na semana do libro recomendánnos  lecturas moi emocionantes! ... Que sorte temos! 😍
Moitísimas, moitísimas grazas, Aurora e Marta, pola vosa colaboración!


Estas son as nosas recomendacións de lecturas...

 Nesta semana que adicamos á importancia de ler, e ter sempre como compañeiro un libro, descobrimos, grazas á nosa compañeira Sara,  outro tipo de lectura: o SISTEMA BRAILLE.
O sistema "Braille" é un sistema de lectura táctil que utiliza puntos en relevo para representar letras e números. Os libros en braille, permiten ás persoas con discapacidade visual acceder á informacion escrita de xeito independente e autónoma.
Sara explicounos moi ben o material que se precisa, o xeito de escribir, e, trouxonos a tod@s un agasallo precioso: o noso nome en Braille. 
Moitas grazas, Sara, pola túa colaboración, e por todo o que aprendemos contigo! ☺


Moitas grazas, Sara!

FELIZ DÍA DO LIBRO!





Cool Red Outer Glow Pointer