21/06/2023

REMATAMOS!

Hai unha expresión do latín que di "Prima non datur et ultima dispensatur" que se aplica no ámbito escolar expresando o desexo de que se perdoen a primeira e a derradeira clase do curso. Pois ben, nós, seguindo as tradicións, "dispensamos" as clases de hoxe para poder despedir ben este curso escolar.

Tivemos peli, xogos e música en directo. Non vos podedes imaxinar o ben que cantan os nosos rapaces! 😉

Agora, toca descansar e disfrutar das ben merecidas vacacións de verán!

Moi importante ter en conta as seguintes tarefas:


Un curso máis, superado!!,  Parabéns rapaces!!



14/06/2023

MARIÑEIROS POR UN DÍA


 A piques de rematar o curso escolar, partimos cara a mariña lucense para pasar o día convertidos en mariñeiros, e, deste xeito,  participar no proxecto impulsado pola Confraría Santiago Apóstolo de Celeiro: "Mariñeiros por un día".

Ademáis de coñecer como se pesca, que especies se pescan, a importancia de comer peixe,e, por suposto, o coidado do medio mariño, visitamos a lonxa, onde aprendimos entre outras cousas, a diferenciar a pescada de rede da pescada de pincho, un peixe sapo da xuliana, puidemos coñecer como se fai unha poxa, dimos de comer sardiñas ás gaivotas...

Coñecimos o taller do pescador da Confraría de Celeiro, o monumento ao náufrago e moitas cousas máis!  

Non podemos pedir máis, porque por riba de todo o que vos contamos,  tivemos un día de sol ...excepcional!!

Houbo tempo para todo: para aprender, e por suposto,  para pasar un  rato divertido con todos os compañeiros de nivel.

Achegamos o noso agradecemento á Confraría de Celeiro por permitirnos participar nesta experiencia inesquecible!

Así de ben o pasamos!!

09/06/2023

XXIII PREMIOS MURALLA

De xeito voluntario, presentáronse á  XXIII edición dos Premios Muralla, organizada polo diario provincial "El Progreso", os nosos compañeiros Martín e Tito na modalidade de "Debuxo Artístico". 

Houbo arredor de  2.700 participantes, pertencentes a medio centenar de centros educativos de Galicia, que quixeron plasmar o seu sentir a través dos seus traballos.

A iniciativa, o interese, a creatividade, a imaxinación , as gañas de querer facer, tiveron o seu recoñecemento para ámbolos dous, que recibiron os seus correspondentes diplomas. 


Parabéns Rapaces!!!

A sorpresa chegou cando nos comunicaron que ademáis, Tito, era finalista no concurso!!
Non podedes imaxinar, a ledicia que sentimos no noso cole... e para que negalo, o orgullo de ter entre nós, non un, senón dous campións !!  







06/06/2023

AS COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA

Unha comunidade autónoma é unha zona xeográfica que está dotada de autonomía lexislativa e competencias executivas. Está formada por unha ou varias provincias que se relacionan entre elas por diferentes causas que poden ser xeográficas, históricas ou incluso lingüísticas.

O noso Estado está composto ou dividido en dezasete comunidades autónomas e, a maiores, dúas cidades autónomas: Ceuta e Melilla. 

Pero, onde se sitúa cada unha das comunidades? Seguro que es quen de colocar o nome no seu lugar correspondente. Adiante!

02/06/2023

VISITA AO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

Que significa o nome de "Lucus"?,  Por que temos no centro da nosa cidade, un aguia sobre unha columna presidindo a Praza de Santo Domingo?, Que curiosidades ten o noso calendario? ou Cantas veces estivo o personaxe representado nun graffiti, considerado o mellor do mundo, na nosa cidade? ...

Estas, e moitas curiosidades máis, aprendimos na nosa visita ao Museo Provincial de Lugo. 

Ademáis, puidemos observar moi de preto, algunhas das pegadas que o Imperio Romano deixou na nosa cidade: os mosaicos, os reloxos de sol, mostras de cerámica, vidro, moedas, e como non, os torques.

Sen dúbida, foi unha visita moi, moi ben aproveitada, coa que nos quedaron  gañas de seguir coñecendo máis aspectos sobre a orixe da nosa cidade.














Cool Red Outer Glow Pointer