29/01/2021

30 DE XANEIRO: DÍA DA PAZ


Palomas - GIFMANIA 
Cada 30 de Xaneiro, vense conmemorando  o  DÍA INTERNACIONAL DA PAZ  E A NON VIOLENCIA nos centros educativos. Escolleuse este data debido a que coincide coa data do asasinato de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), quen defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza.

Nós, unímonos a esta celebración aportando o noso graíño de area con diferentes traballos que fumos elaborando, agardando, que esta implicación, sexa duradeira na nosa formación como persoas.

Poñamos un Corazones 3D - GIFMANIA por cada aperta 
que quedou por dar !



27/01/2021

O REINO DOS FUNGOS

Setas - GIFMANIA

Hoxe, Ainhoa, sorprendeunos coa súa aportación sobre unha parte do tema de Naturais que estamos a estudar: O REINO DOS FUNGOS. 

Tróuxonos un libro moi interesante sobre o mundo dos fungos e falounos da afición familiar que hai na súa casa sobre este tema. Explicounos o significado da simboloxía que podemos atopar neste tipo de libros onde nos advirten da perigosidade, ou non,  de inxerir determinados tipos de fungos.

Falounos tamén das especies que a ela máis lle chaman a atención: como son segundo o seu tamaño, as diferentes partes que teñen, as cores ...

Que sorte poder contar con estas inciativas na aula! 

 Moitas grazas, Ainhoa! 👏👏👏


LEMBRADE!!! 

Podemos papalo!

Perigo! Fungo tóxico ! 

 
Perigo!! Fungo mortal!


 

20/01/2021

ONDE ESTÁ?

 Anímaste a localizar os países europeos?

Fai click na imaxe ,e, VIAXA POR EUROPA!!

👇 

 
Lembras as capitais? Xoga ao "Pasapalabra"!

Cool Red Outer Glow Pointer