27/05/2023

XORNADA DE INFORMACIÓN AFECTIVO - SEXUAL

Quérome como son?, Que é o sexo?. Que é o xénero?, Que é a afectividade?, e a intimidade de cadaquén?...

Estas, e outras preguntas máis, foron respostadas e explicadas, na xornada que desenvolvemos no noso colexio, de man de Rocío Martín e Mª Luz Valín, enfermeiras pediátricas.

Falar de sexualidade, é falar de autoestima, de afectos, de igualdade de homes e mulleres, de respecto ás diferentes orientacións sexuais,e, tamén de prevención de enfermidades.

A educación afectivo - sexual ten un papel esencial no proceso de desenvolvemento das persoas.





24/05/2023

19 DE MARZO DE 1812: ¡VIVA LA PEPA!

Con casi toda a península ocupada por Napoleón Bonaparte e baixo as bombas dos franceses, un 19 de marzo (día de San Xosé), pero de 1812, aprobouse en Cádiz a primeira constitución española (e terceira do mundo tras a de EEUU e Francia). 
 
Eran ventos de cambio, destinados a cambiar o rumbo da historia de España. 
 
Este óleo de Salvador Viniegra, pintado en 1912, recrea o intre no que as Cortes de Cádiz promulgan a Constitución de 1812.
‘Promulgación de la Constitución de 1812’
Museo Histórico Municipal , Cádiz.
 

18/05/2023

XORNADA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Da man de xente especializada de Protección Civil e do corpo de Bombeiros do noso concello, asistimos a unha xornada moi interesante de prevención de incendios.

Coñecimos algúns dos materiais empregados en situacións extremas, recompilamos recomendacións e consellos para evitar situacións perigosas, aprendimos que debemos facer e que non no caso de incendio na casa, e, ata vimos en directo, simulacións de situacións con lume que poden xurdir no en calquera intre no noso fogar.

Ante todo isto, quedámonos coa mensaxe que tanto nos repetiron esta mañá:






15/05/2023

LETRAS GALEGAS 2023



Para que coñezades un chisco máis o autor do Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, a escritora Eva Mejuto e a ilustradora Lucía Cobo propóñennos unha obra de teatro protagonizada polos obxectos que acompañaron o noso homenaxeado en distintas etapas da vida.
Vaivos tocar berrar, cantar, bailar... Que mellor xeito de celebrar?




Achégate á biografía de Francisco Fernández del Riego


Con motivo da conmemoración deste día, asistimos á Feira do Libro da nosa cidade, onde percorrimos diferentes postos nos que puidemos ollar moita variedade de libros , escoitamos recomendacións por parte dos encargados, e, recibimos algún que outro agasallo. A continuación, xunto con alumnado doutros centros,  disfrutamos da actuación da actriz e dramaturga, Ana Carreira, quen nos contou unhas historias ben amenas e graciosas. O noso compañeiro Rubén, participou nunha das historias!



E no noso cole, co resto do alumnado, conmemoramos este día tan importante para a lingua e a cultura galega, con xogos e música tradicional galega. Estiveron con nós a Agrupación cultural Foliada de Bosende.

O noso compañeiro Izan deleitounos co son da gaita galega! 


Parabéns, Izan!








12/05/2023

CONCERTO CANTANDO O ARDE LUCUS

 
Este venres, xuntámonos, na Praza de Santa María, con compañeir@s doutros oito colexios para cantar ao Arde Lucus. A través das catro cancións que interpretamos: "La antigua Roma, Ciudad Patrimonio, La aldea Tonal e Las tres culturas", implicámonos na nosa festa de recreación histórica, e por suposto, participamos nunha actividade na que nos divertimos facendo música e aprendimos o importante que é traballar en equipo (un equipo de 700 rapaces!).
O resultado foi ... XENIAL!!
Agradecemos enormemente a Elena, a profe de música, o seu traballo e implicación  en axudarnos a levar adiante esta actividade tan bonita! Moitas grazas, Elena!! 😍, e por suposto ...
PARABÉNS A TODO O NIVEL DE 5º CURSO!!
E agora, disfrutade dun breve resumo do que foi o día ,no que, o alumnado de 5º curso , cantou ao Arde Lucus!


(a choiva deste día, quedou nunha mera anécdota 😉)

11/05/2023

LOS POLÍGONOS

Los polígonos son figuras planas formadas por una línea poligonal cerrada y su interior, cuyos elementos son: 


Recordamos más aspectos sobre los polígonos:


04/05/2023

VISITA DO ESCRITOR E ILUSTRADOR ANXO FARIÑA

Hoxe, tivemos a sorte de ter na nosa aula, ao escritor, ilustrador e Director de Arte, Anxo Fariña. Coñecedores da súa última publicación, "Os Megatoxos e o aprendiz de druída", falounos dos seus personaxes: Faísca, Ruxe, Ninfa e Lúa, así como, das técnicas artísticas que utiliza no deseño das súas ilustracións.

Contounos a través das súas ilustracións, a relación de "amizade" que poden ter un lapis, unha goma e un sacapuntas, e cousas tan curiosas de porque sempre leva unha libreta na súa mochila, ou porque é tan aficionado aos reloxos. 






Pero, o momento máis emocionante, sen dúbida algunha, foi cando Anxo Fariña, converteu á nosa Mara en unha "MEGATOXO". Así foi o proceso:



Despedímonos de Anxo cunha grande admiración hacia el e a súa obra, e, non sen que antes de marchar, asinara o exemplar de "Os Megatoxos e o aprendiz de druída" que temos na biblioteca da aula!

Moitas grazas, Anxo Fariña pola túa visita!


Cool Red Outer Glow Pointer