25/02/2022

ENTROIDO 2022

Este curso, por fin, voltamos ver as cores e os brillos do entroido polos corredores do colexio!

Hoxe, foi un día especial para tod@s, pois, esta mañá, cruzámonos ("con sentidiño") cunha excursión do imserso , unha parella de vacas, unha muller chinesa, un cabaleiro medieval, xogadores da selección, e, aínda que vos custe crelo,  ata algún delincuente vimos pasar!

Estes, e moitos personaxes máis, acompañáronnos nesta xornada.

Abofé que che foi un día ben agradecido! 

Aquí tedes a mostra. Disfrutádea!

Por certo, tamén tivemos un recoñecemento! 

Parabéns rapaces!




Feliz Entroido a tod@s !

22/02/2022

DÍA DE ROSALÍA 2022

 

Ata agora,  era o  24 de febreiro cando se conmemoraba o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, pero, este ano, e, grazas ao traballo da investigadora Sagrario Abelleira, revélase nova documentación que acredita que a data real do nacemento de Rosalía de Castro, foi un 23 DE FEBREIRO, e, que, o día 24, foi a data na que foi bautizada.

                                                           mensaxe publicada pola Casa de Rosalía

O Día de Rosalía de Catro, converteuse, dende hai tempo, nunha das datas máis sinaladas no calendario cultural galego.

 Nós, unímonos a esta conmemoración e lembramos e aprendemos sobre a  escritora , peza importantísima nas letras e na cultura galega.

Coñecedes o poema de Rosalía de Castro titulado "Has de Cantar"? abofé que si!
"Has de cantar" é o primeiro dos poemas da obra "Cantares Gallegos" de Rosalía de Castro. É un libro que a escritora adica a outra escritora que escribía baixo o pseudónimo de  "Fernán Caballero" ( o seu nome real era Cecilia Böhl de Faber y Ruiz de Larrea), e, pola que sentía unha grande estima.
Así empeza o libro "Cantares Gallegos":

Pero, que mellor xeito que ler a Rosalía de Castro, que cantándo a súa obra?


Gústanche os quebracabezas? 
Anímate a facer o de Rosalía de Castro

Feliz Día de Rosalía!
 

21/02/2022

LITUANIA - ESTONIA

Hoxe visitáronnos os embaixadores de dous países casi veciños: LITUANIA E ESTONIA

O embaixador de Lituania contounos que Lituania forma parte da Unión Europea dende o ano 2004.

Sabíades que celebran a súa independencia dous días? o 16 de febreiro a independencia de Rusía e o 11 de marzo a independencia da URSS.

O embaixador de Lituania, como grande aficionado que é ao baloncesto, falounos tamén deste deporte como o máis practicado no país.


Tedes toda a información que nos deixou clickando no mapa

A embaixadora de Estonia, contounos que Estonia é un dos países menos poboados de Europa e que posúe máis de 2000 islas.

Sabíades que a súa capital, Tallín, é a cidade medieval mellor conservada do norte de Europa?

Botádelle unha ollada a toda a información que a súa embaixadora deixou sobre Estonia.


PARABÉNS RAPACES!! 

UNS TRABALLOS MOI,  MOI INTERESANTES!!

15/02/2022

EUROPA TOUR: DINAMARCA - AUSTRIA - CROACIA - NORUEGA

Estes días, recibimos a novos embaixadores europeos. Esta é a viaxe que fixemos:

DINAMARCA - AUSTRIA - CROACIA - NORUEGA


De DINAMARCA recibimos a dous embaixadores que nos deron unha información moi, moi completa do país. 

Sabedes que Dinamarca é coñecida por ser un dos países máis felices? e que  os famosos xogos Lego e Playmóbil proceden deste país?


Botade unha ollada a toda a información que nos deixou a súa embaixadora:

O embaixador deste país, non quedou atrás e completou a súa información cun mural ben significativo deste país!


Ademáis,  agasallounos cunhas deliciosas e típicas galletas danesas (por certo, estaban boísimas).

MOITAS GRAZAS POLO AGASALLO!! 

De Dinamarca, voamos a AUSTRIA


En Austria convén abrigarse ben! É un dos países máis fríos de Europa. Teñen chegado a -20º!
A súa capital, Viena, está considerada como a capital da música clásica. De aquí sairon famosos compositores de música como  Mozart, J. Strauss, Schubert o Haydn.


A embaixadora de Austria amosounos obxectos procedentes deste país.


De Austria partimos cara CROACIA, un dos destinos máis atractivos de Europa, especialmente no verán!
Sabías que a illa de Hvar é a que máis hora de sol ten en todo o continente?


Queredes coñecer máis cousas sobre Croacia? 
Clickade no mapa e atoparedes toda a información que nos deixou o seu embaixador. Vaivos gustar, seguro!

Finalmente, dende Austria fomos cara NORUEGA (pretiño do noso punto de partida nesta xornada).
Noruega leva anos ocupando o primeiro posto entre os países do Índice de Desenvolvemento Humano da ONU. Os seus traballadores asaliarados gozan dun alto grado de igualdade de xénero e de bo equilibrio entre a vida laboral e tempo de lecer.


Sabíades que os estudantes noruegos son os que acadan mellores resultados en lectura, matemáticas e ciencias?

Ollade o video que nos deixou a embaixadora de Noruega.


QUE SORTE TEMOS DE PODER CONTAR CON TODA A VOSA IMPLICACIÓN E INFORMACIÓN QUE NOS ACHEGADES! 
MOI, PERO QUE MOI BO TRABALLOS!
PARABÉNS RAPACES!!!

Próximo destino?

09/02/2022

VIAXE A LETONIA - ITALIA - PORTUGAL

Esta semana, fixemos unha nova ruta. Unha ruta, non moi curta, pois, atravesamos unha importante parte de Europa: Dende Letonia, fomos cara Italia, e, dende Italia, aparecimos en Portugal.


A embaixadora de Letonia presentounos parte do importante patrimonio histórico do país que cada vez atrae a máis turistas,e, revelounos que , en Letonia hai moito gusto polo baile polo que celebran importantes festivais de diferentes modalidades musicais.


Fixádevos cantas cousas descubrimos sobre LETONIA!

De Letonia, marchamos cara ITALIA, o país que semella ter forma de bota. 

A súa embaixadora, abraiounos con toda a beleza que garda este país: é  a terra do Vaticano, das antigas ruinas romanas, e, por suposto, de obras de arte emblemáticas. É que Italia ten de todo para todos!
Admirade o traballo que nos deixou:


E, dende Italia, collemos rumbo cara PORTUGAL, país veciño ao noso e  ben coñecido polo seu embaixador, pois, viaxa con frecuencia a el.
Convidounos a comer un bo prato de ballao,e, lembrounos que ademáis das fermosas cidades que son de obriga visita como a súa capital, Lisboa, Portugal é a terra de  xente importante  tanto na literatura, como na música, e, por suposto, no mundo do deporte.


Se queredes descubrir máis cousas sobre Portugal, aquí tedes todo o que nos contou.


UNHA VIAXE MOI, MOI EMOCIONANTE!! 
XENIAL RAPACES!!

PAÍSES DE EUROPA

 Cantos países de Europa sabes situar no mapa? Fai a proba. Adiante!!

07/02/2022

KAHOOT: CAPITAIS DE EUROPA II

 Déixovos o kahoot da segunda parte das capitais europeas (da 25 á 50) para que poidades repasar.

Estará activo ata o venres, 11 de febreiro. Como sempre, lembrade facer un uso responsable do mesmo. 😉

Adiante!

Fai click na imaxe 


ESCALA: SUÍZA - HUNGRÍA - ALEMAÑA - PAISES BAIXOS

Levamos xa percorridas non poucas capitais europeas, pero seguimos con gañas de coñecer Europa. Fixádevos no mapa a traxectoria que levamos percorrida. Non está nada mal,verdade?


 

Estes días, viaxamos a Suiza, dende alí marchamos cara Hungría. De Hungría, fomos a Alemaña e rematamos en Países Baixos. Todos estes países pertencen á Unión Europea.


Primeiro chegou a embaixadora de Suiza, país que se mantén neutral nos conflitos armados. 
É o pais non apto para lambóns, pois fabrica os chocolates máis ricos de toda Europa, e, onde  se creou a famosa serie de debuxos: Heidi.

Por certo, sabedes que en Suiza, si queres ter unha mascota, non podes? ...Debes ter dúas!!

Queredes saber máis sobre Suiza?


Dende Suiza, marchamos cara Hungría. 
O seu embaixador, lembrounos que foi en Hungría  onde se ideou o famoso "Cubo de Rubik" e que a cova de estalatitas máis grande de Europa está neste país.


Hungría non usa o euro como moeda oficial , senón que utiliza o "forinto húngaro". (se non tés a moeda oficial, mellor que pagues con tarxeta, pero ...ten coidado coas comisións!


Aquí tedes toda o información que nos deixou o seu embaixador.


De Hungría, voamos a Alemaña, pais de Albert Einstein e de Beethoven. Sabíades que 1/3 do territorio deste país, está cuberto por bosques?

Sabedes que de Alemaña proceden moitos dos coches que circulan polo noso país? 


O embaixador de Alemaña deixouno todo este material!


A derradeira etapa desta viaxe foi nos Países Baixos, que reciben o nome de "Baixos" porque unha grande parte deste territorio atópase ao nivel do mar, ou incluso por debaixo deste.


O seu embaixador, descubriunos os campos tan fermosos de tulipáns e muiños que podemos atopar neste país. Por suposto, invitounos a coñecer e admirar o Museo de Van Gogh, e, mostrounos, entre moitas cousas máis, as sorprendentes casas en forma de cubo.

QUE DE COUSAS ESTAMOS A APRENDER!!
XENIAL RAPACES!!

Cool Red Outer Glow Pointer