21/12/2022

NADAL 2022

corona-de-navidad-imagen-animada-0090

"Cantigas e risas
veñen anunciar
que peta na porta
a luz do Nadal."

O grupo de 5º A, desexámosvos unhas
 Moi Felices Festas! 


Disfrutade da actuación de todos os alumnos/as de 5º curso que prepararon coa profe de música, Elena.



Por certo... non vos esquezades do que tedes que facer nestes días!
 animal-de-navidad-imagen-animada-0078


OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE ADICCIÓNS COMPORTAMENTAIS

Durante esta semana, recibimos na nosa aula a Iván Pico, psicólogo, co que tivemos a sorte de traballar nos obradoiros sobre prevención de diferentes  adiccións comportamentais, organizados polo Concello de Lugo.


Unha das adiccións que maior repercusión está a ter entre a xente nova, é a adicción aos medios tecnolóxicos: televisión, videoxogos, móbil e outros dispositivos. 
A prevención e detección de actitudes que impliquen un uso inadecuado ou perxudicial para calquera, é primordial na formación como persoa.
 
Deixovos o video que traballamos estes días. Moi interesante! 

17/12/2022

XERMINACIÓN DAS SEMENTES

As fabas, o mesmo que o resto das legumes, son sementes. Dende o mes pasado, levamos adiante o experimento de sementar  fabas e lentellas en diferentes condicións de humidade.

Así foi:

1º.- Preparamos os recipentes onde colocar as sementes en algodón mollado (Cadaquén decorou o seu).


2.- Unha vez que as sementes sacaron raíz, plantámolas





3.- Algunhas das sementes houbo que cambialas, pois, por exceso de humidade, pudriron.

4.- Co coidado diario de manter a maceta co substrato húmido e preto da luz, conseguimos ter unhas plantas ben bonitas, non si?




Pasados uns días, locen así de bonitas. 


14/12/2022

ERUPCIÓN DO VOLCÁN

A erupción dos volcáns dáse cando o magma quéntase, acumúlase e tende a ascender cara á superficie da Terra.

Unha erupción volcánica pode provocar numerosos dános materiais e humanos debido á expulsión de lava e á emisión de gases tóxicos.

Ademais, poden ter consecuencias como incendios, esvaramentos de terreos e tsunamis se se produce a erupción preto do mar.


Hoxe, na clase de ciencias sociais, fixemos un simulacro de como sería a erupción de volcán.
Para iso, convertemos a nosa aula nun laboratorio.

Materiais que utilizamos:

Luvas para protexer as mans.

Vinagre

Colorante

Xabrón de lavar a louza

Bicarbonato de sodio

Recipientes para facer a mestura

E así saíu o noso experimento de hoxe:


(Lembrade non facer estes experimentos sen a axuda dun maior)

  • Un volcán tarda en formarse centos de anos; trátase dun proceso moi lento.
  • Os volcáns pódense extinguir se pasa o tempo; arrefríanse e non volven estar activos, pero pode haber volcáns latentes que se atopan apagados, pero poderían entrar en erupción no futuro.
  • A zona da Terra onde podemos atopar máis volcáns sitúase en Indonesia.
  • As pedras volcánicas poden flotar e son as únicas no mundo que o fan. Trátase das "pedras pómez", que son grises e están cheas de buracos que se forman debido aos gases quentes que están presentes na lava.
  • O volcán máis grande do mundo atópase en Haití e mide case 4.000 metros de altitude, o seu nome é Mauna Loa.
  • O volcán máis alto é o Ollos do Salgado que mide case 7.000 metros e atópase entre Arxentina e Chile.
  • Italia é o país de Europa con máis volcáns activos, ten catorce en total.
  • Na Terra prodúcense entre 10 e 20 erupcións nun día.


03/12/2022

DIVISIÓN DE NÚMEROS DECIMALES


 ¿CÓMO SE DIVIDEN LOS NÚMEROS DECIMALES?

 
Fijate en los diferentes casos que se pueden dar: 



 ¿Practicamos un poco con los números decimales?
Cool Red Outer Glow Pointer