22/04/2024

DÍA DO LIBRO 2024

 Que é ler?



Queres adentrarte no mundo dos libros e coñecer moitas cousas interesantes? Adiante, non perdas tempo!


"Para viaxar lonxe,
non hai mellor nave que un libro"
                                              Emiliy Dickinson

FELIZ DÍA DO LIBRO!!






15/04/2024

ETAPAS DA PREHISTORIA

 


A prehistoria é, segundo a definición tradicional, o período de tempo transcorrido dende a aparición dos primeiros homes, antecesores do Homo Sapiens, ata que temos constancia da existencia de documentos escritos, ​ algo que ocorreu en primeiro lugar no Oriente Próximo cara ao 3300 a.C.
A prehistoria comprende tres etapas:

Pero, queres saber máis sobre a PREHISTORIA?

12/04/2024

VISITA AO VELLO CÁRCERE DE LUGO

O Vello Cárcere é un espazo que despois de máis de 130 anos de historia, hoxe en día, é un lugar fundamental de encontro cultural e social na cidade, acollendo nos seus espazos todo tipo de manifestacións culturais e eventos: exposicións, concertos, obras de teatro, congresos, faladoiros, obradoiros didácticos…

A súa historia comeza con Nemesio Cobreros, o arquitecto que deseñou este emblemático edificio  da cidade de Lugo, así como, outros máis: O edificio do seminario, a porta de Campo Castelo (antigamente "Porta do Cárcere"), a torre do reloxo da casa do concello, o templete da Praza Maior...



Nós, quixemos remontarnos ao século XIX, e descubrir que historias encerran as paredes do  noso Vello Cárcere como punto de arranque para entender o que acontecía na nosa sociedade naquela época.

Así de ben nos foi!


02/04/2024

DÍA DO AUTISMO 2024

Cres que as croquetas que aprendiches a facer hai dous días saen tan ricas como ás da túa avoa? ou que podes aprender alemán con só descargar unha app?

Pois estás tan equivocado como cando pensas que non tes a ningunha persoa con autismo preto.

O 1% da poboación é autista, así que seguro que, aínda que non o saibas aínda, tes a alguén con autismo preto.
Este ano, baixo o lema "AUTISMO PRETO DE TI", conmemoramos o 2 de abril, Día do Autismo, axudando a visibilizar que as persoas autistas están ao noso carón, máis preto do que pensamos. Tamén no noso colexio, compartindo aula, tempos de lecer, comedor...



Pau Brunet, é un rapaz de 10 anos autista que estuda 5º de E.Primaria nunha escola pública. Sempre quixo que o mundo coñeza máis sobre o autismo e facer un mundo máis empático e comprensivo.
Pau é moi activo nas redes sociais, radio, xornais e programas de TV onde divulga e explica o seu día a día.
Na entrevista que estás a piques de ver e escoitar, coñecerás como vive Pau o seu autismo grado 1, dende o seu propio punto de vista, e dende a súa propia e única experiencia.
A única ilusión de Pau é ser feliz e que o mundo respecte ás persoas autistas.



Agora tócache a ti...


Intenta resolver o quebracabezas


01/04/2024

O TREITO FINAL!

Quédanos moi pouquiño!!  

Despois de dous trimestres cheos de experiencias de aprendizaxe, estes tres últimos meses son decisivos para rematar ben o curso e dar por finalizada a etapa da Educación Primaria.
Neste período que temos por diante,  imos intentar entre tod@s,  afrontar con gañas este terceiro trimeste; facer que sexa unha etapa que nos axude  a manter o esforzo, a nosa responsabilidade no día a día,  e, por suposto,  a seguir aprendendo!!
 
Retomemos con ilusión e con gañas de superación, a  derradeira etapa do curso escolar para poder acadar os últimos chanzos que nos quedan por subir.
E ti, en que sitio estás?


 
Se fomos quen de superar o primeiro e o segundo trimestre, por que non, o terceiro?
 Adiante!!

LA CONJUGACIÓN VERBAL: MODO INDICATIVO

La conjugación es el conjunto ordenado de todas las formas de un verbo . Conjugar un verbo es ponerlo en todas sus formas posibles.

 En español, hay tres tipos de conjugación:

  • 1ª conjugación: incluye los verbos terminados en -ar.
  • 2ª conjugación: incluye los verbos terminados en -er.
  • 3ª conjugación: incluye los verbos terminados en -ir.
Jugamos con el MODO INDICATIVO?
 

25/03/2024

VISITA AO "ANXO CARRO"

Convidados polo CD Lugo, desprazámonos ao Estadio "Anxo Carro" para pasar unha xornada ben divertida e amena, sobre todo, despois dunha semana intensa de exames.
Ao longo da mañá, puidemos coñecer como son as instalacións do Estadio, estivemos acompañando e animando aos xogadores no seu entrenamento, conseguimos sinaturas de todos eles, botamos unhas risas coa mascota do equipo, Nabic, e, por riba,  algún dos nosos, conseguíu bufanda ou  balón de regalo.
Sen dúbida, unha xornada ben aproveitada!
Achegamos o noso agradecemento ao CD Lugo pola súa invitación. MOITAS GRAZAS!


























21/03/2024

VIAXEIROS POR EUROPA: BÉLXICA - FRANCIA - ITALIA - UCRAÍNA

Rematamos o noso periplo por Europa cunha ruta ben xeitosa! De Bélxica voamos a Francia; a continuación viaxamos a Italia e rematamos en Ucraína.

A embaixadora de Bélxica, Angie, convidounos a visitar a sede das Institucións Europeas e da OTAN. 



Falounos do Castelo dos Condes de Flandes, en Gante, da cidade de Brujas,  e como non, do seu icónico "Atomium" e a figura de Victor Hugo, escritor de poesía, novelas e obras de teatro.

Por certo, sabíades que Bélxica é a capital de Europa que máis sabe a cervexa e chocolate?

De Bélxica, pasamos a Francia, un país dos máis visitados do mundo. 

O seu embaixador, Juan, falounos das maravillas que podemos visitar no país do río Sena: Os Campos Elíseos, O arco do Triunfo, a Torre Eiffel, e por suposto, achegarnos ao mundo do arte no Museo do Louvre.


Falounos da capital de Francia,  París, como a "cidade do amor ou da luz" e recomendounos visitar, "o mundo da fantasía"  que tanto gusta a pequenos e a tamén a maiores, que podemos atopar no parque temático situado a poucos quilómetros.
De Francia, trasladámonos a Italia da man de Gala, a súa embaixadora; país coñecido pola súa arte, cultura e numerosísimos monumentos.


A quen non lle presta pasear polas rúas da súa capital, Roma?
Explicounos o misterio da "torcedura" da Torre de Pisa, e, convidounos como non, a visitar unha das fontes máis fermosas, a  Fontana de Trevi, coñecer o mundo dos gladiadores romanos no "Coliseo" sen olvidarnos de achegarnos á cidade de Venecia para pasear en góndola ou permitirnos algún capricho na cidade de Milán, non sen antes, degustar un bo prato de pasta ou unha apetitosa pizza italiana, cun bo xeado de postre.
De Italia, viaxamos a Ucraína, país que por desgraza está a padecer un dos conflictos bélicos máis terribles deste século.
O seu embaixador, Rubén, quixo deixarnos un bo sabor de boca e, por iso,  centrouse nos momentos de explendor e de paz deste país.
Ucraína, é un país rico en recursos naturais, especialmente minerais e tamén todo tipo de cereais.
Falounos da beleza dos seus monumentos: a Catedral de Santa Sofía, a Estatua da Nai Patria ou o Mosteiro das Covas, en Kiev, a súa capital.
Contounos que o xirasol é a flor do seu país, símbolo do poder do sol. 
Rematamos esta xornada achegándolle ao embaixador ucraíno os nosos desexos de  que o sol volva brillar no corazón de todos/as ucraín@s. Oxalá!

ANGIE, JUAN, GALA E RUBI,
MOITOS PARABÉNS!!

Con esta xornada, damos por rematado o noso proxecto de "Viaxeiros por Europa". Foi unha etapa de moito coñecemento tanto a nivel xeográfico, como cultural, en todos os sentidos. O noso "pasaporte" está cheo de experiencias. 
Sen dúbida, moi bos compañeros/as de viaxe!!! 
PARABÉNS, 6ºA!! 

... e así completamos a nosa viaxe!

Cool Red Outer Glow Pointer