21/06/2021

PROMOCIÓN 2021

 



 
Visitas que tivemos hoxe
A profe Fernanda:

Javier Arias Fouz ( Delegado Territorial da Xunta), Mª Carmen Gueimunde (Xefa Territorial de Educación), Branca Nazaret Guerreiro (Inspectora de Educación) e Lucía Nuñez, Directora do noso centro , visitaron a nosa aula nesta xornada  de clausura do curso escolar 2020-21:
  Felices e merecidas vacacións, rapaces!!

Gif-animado-Playa-08.gif

Abrazo GIF - Abrazo GIFs

17/06/2021

TRATAMENTO BÁSICO DE TEXTOS 



Cando temos que elaborar e presentar calquera tipo de documento facendo uso dos procesadores de textos é importante coñecer algúns aspectos básicos para o seu manexo.
É importante tamén, usar as ferramentas que nos ofrece de xeito adecuado. 
Velaquí tedes unha serie de “truquiños” e consellos para elaborar correctamente os vosos traballos.

1. ESCRIBIR: formato e aspecto do texto.

2. IMAXES, FORMAS e TÁBOAS: lapela INSERTAR

3. COPIAR E PEGAR: temos varias opcións

➢ Podemos seleccionar o texto facendo “clic” e arrastrando o rato. Botón dereito do rato: eliximos copiar / botón dereito do rato: pegar. 


Esta opción é a máis cómoda cando queremos copiar só un anaco do texto.
Tamén podemos facelo pulsando ao mesmo tempo: 
CONTROL + C para copiar, CONTROL + V para pegar

➢ Pulsar ao mesmo tempo as teclas CONTROL+ E. Esta opción empregámola para copiar un texto completo ou cando son varias páxinas as que necesitamos seleccionar.

4. ORIENTACIÓN DA PÁXINA e COLUMNAS: lapela DISPOSICIÓN

5. INSERTAR NÚMERO DE PÁXINA: lapela INSERTAR

É algo importante a ter en conta á hora de elaborar un documento ou un traballo.

OUTROS ASPECTOS IMPORTANTES:

Cando presentamos un traballo debemos ter en conta que debe incluír:

➢ 1. Unha portada co título e cos nosos datos.

➢ 2. Un índice cos principais apartados e as páxinas nas que se atopan.

➢ 3. É preferible usar unha letra sinxela e clara (Arial, Times New Roman son recomendables) , cun tamaño entre 12 e 14 (nos títulos pode ser un pouco maior).

➢ 4. O texto debe estar xustificado (opción na lapela parágrafo).

14/06/2021

ÁREAS Y PERÍMETROS

¿Repasamos las áreas de figuras planas? 

¿Sabes de dónde viene el número pi?

Mira atentamente el siguiente video:


¿Practicamos? ¡Adelante!

 

 ¿Continuamos?

07/06/2021

MOEDAS ANTIGAS

A peseta foi a moeda de curso legal en España e os seus territorios de ultramar desde a súa aprobación o 19 de outubro de 1868 ata o 28 de febreiro de 2002, tras a introdución do euro.

Hoxe, na clase de CC Sociais puidemos observar e coñecer moedas anteriores ao euro. 

Grazas á contribución de  Iker, coñecimos de primeira man as antigas pesetas e os seus céntimos. Coñecimos francos franceses e algunha moeda máis que non fomos quen de identificar (mágoa) .

Pero sen dúbida, a moeda que máis nos sorprendeu, foi unha moeda de 5 céntimos que data de 1877, pertencente ao reinado de Alfonso XII.


                   moedas de 1 peseta e céntimos de peseta

                   Anverso da moeda de Alfonso XII, 1877

                       Reverso da moeda - 5 céntimos 

  Iker amosounos a cada un de nós as moedas que trouxo

XENIAL IKER!!, 👏👏👏

 MOITÍSIMAS GRAZAS, !!

Que sorte temos  con ter  alumnado que nos ensina tantísimas cousas! 💖

02/06/2021

O CORPO HUMANO


Hoxe, na clase de CC.Naturais, Mencía presentounos un traballo que fixo de xeito voluntario sobre o corpo humano. Falounos dos sistemas que compoñen o noso corpo e aportounos información moi interesante. 

Que marabilla poder contar con alumnado tan voluntarioso e implicado!! 😍

                      Xenial Mencía!! 👏👏👏 

                          Moitísimas grazas!!

Cool Red Outer Glow Pointer