31/05/2022

FURGANDO NA HISTORIA

Na clase de CC. Sociais, estamos a traballar a historia; concretamente, estamos xa, no século XX. 

Aínda que parece que nos queda lonxe, se nos poñemos a remexer nas nosas casas, seguro que atopamos algún obxecto, foto ou mostra desta época. 

A nosa compañeira Estela, así o fixo, e, deunos a sorpresa de poder apreciar unha cámara de fotos que pertenceu ao seu bisavó. Unha verdadeira xoia! e, ademáis, moi ben conservada!


Que sorte temos de poder apreciar un cachiño de historia nas nosas mans!

Moitísimas grazas, Estela pola túa contribución!


 Seguimos a furgar na historia!!

30/05/2022

VISITA DO CD LUGO

O venres pasado tivemos unha visita sorpresa na aula!

Os xogadores do CD Lugo , Sebas Moyano, e máis, Chris Ramos, achegáronse ata a nosa clase para saudarnos. 

A verdade, é, que foi unha grata sorpresa para todos, pois temos que recoñecer, que no nivel de 6º curso,  somos bastante aficionados ao fútbol, e, por suposto... seguidores do equipo lucense,  CD LUGO!

Agradecemos enormemente aos mestres de Educación Física, Emilio e Borja, esta iniciativa, que, sen dúbida, alegrounos un pouquiño máis a mañá. 




6ºA CO EQUIPO DA NOSA CIDADE!


26/05/2022

A ESPAÑA DO SÉCULO XIX


En España, o nacemento da Idade Contemporánea estivo marcado pola Guerra da Independencia (1808-1814). Napoleón conseguiu o trono español, pero... que foi o que pasou? 

Fixádevos no eixe cronolóxico e mirade de novo con atención o video que traballamos hoxe na clase.


25/05/2022

COMPLEMENTOS DO VERBO

Ademáis do núcleo do predicado, que é un verbo, existen complementos que forman parte da oración e que completan o significado deste.

Vexamos os principais:

 

 

 Practicamos un pouco?... Imos! 


 


 

20/05/2022

VALENTINA




Hoxe, tivemos a sorte de poder asistir á proxección do filme "VALENTINA", en versión orixinal, no Centro de Convivencia de Fingoi. 
O filme, recibíu un premio "Goya" (na edición deste ano) á mellor película de animación, que, sen dúbida, é un recoñecemento moi, moi merecido!
Puidemos gozar da historia tan fermosa que nos contou a protagonista, e, ademáis, escoitar de novo, a voz de Lucía Serén, ex alumna do noso colexio, que puxo voz á protagonista, Valentina, na versión do filme en Lingua Galega.
A película é unha verdadeira oda á inclusión. Non deixedes de vela! Paga a pena!

03/05/2022

LETRAS GALEGAS 2022

 


Galiza, adica este ano a súa festa das letras ao poeta Florencio Delgado Gurriarán . A Real Academia Galega, rinde, por primeira vez, homenaxe aos galegos desterrados por causas políticas no  país americano.
A laboura  literaria de Florencio Delgado Gurriarán, así como o seu activismo político e cultural, constitúen un dos capítulos más destacados das letras galegas na emigración.
¿Queres achegarte á vida e á obra de Florencio Delgado? 
Adiante!




Este é o estudo cronolóxico da vida de Florencio Delgado Gurriarán que fixemos, incorporando o seu poema "O ventiño namorouse". 
Agardamos que vos guste!


02/05/2022

SOLIDARIEDADE CON UCRAÍNA

Dende o pasado 24 de febreiro, data na que Rusia invade a Ucraína, seguimos cunha grande preocupación a situación que se está a vivir no país. 

Destrución, xente que se despraza do horror da guerra , milleiros de mortos ... son consecuencias deste conflito.

O alumnado de 6º curso de EP, solidarizámonos co pobo ucraíno, e, a través dunha das obras máis importantes do século XX,   que reflexa os horrores da Guerra Civil Española, e de todas as guerras, "O GUERNICA" de PABLO PICASSO, quixemos traer á memoria,  os terribles sufrimentos que calquera guerra inflixe aos seres humanos.

CREAMOS UN MURAL

O mural está composto por un total de 50 pezas de papel que o forman a modo de puzzle. Cada alumn@ decorou unha das pezas coas cores da bandeira de Ucraína (azul e amarelo), identificando as figuras que ían formando e coñecendo o seu significado, para, posteriormente, mediante o traballo colaborativo, entre as dúas aulas de 6º curso, formar o mural. 

Só queda en cor branca a pomba; símbolo e cor que quixemos destacar sobre o resto das figuras, como reflexo do noso desexo: A PAZ  .

 O resultado é o que vedes a continuación:


"Tristes guerras
si no es amor la empresa.
Tristes. Tristes.

Tristes armas 
si no son las palabras
Tristes. Tristes.

Tristes hombres 
si no mueren de amores
Tristes. Tristes".
                       Miguel Hernández  


Cool Red Outer Glow Pointer