29/02/2024

VIAXEIROS POR EUROPA: GRECIA - ESPAÑA - NORUEGA

Estes días, seguimos a percorrer Europa facendo unhas viaxes ben importantes: partimos de  terras gregas, fixemos escala en España, e dende alí, puxemos rumbo a Noruega.


O primeiro en chegar foi o embaixador do país coñecido como o "berce da cultura occidental: Grecia, e que ademáis, está situado estratexicamente entre tres continentes (Europa, Asia e África).

Falounos da Acrópole na súa capital, Atenas, onde podemos visitar o Partenón (templo da deusa Atenea), do alfabeto grego, e por suposto das variedades gastronómicas que nos ofrece o país. De feito, tróuxonos como agasallo un libro de cociña grega. Moitísimas grazas!, Ben agradecidos estamos!



Recomendación do embaixador grego: a empanada de iogur! 

A seguinte parada foi ... España!! Que país máis fermoso!... 
A súa embaixadora, fixo unha presentación tan, tan preciosa, e con tanto agarimo,  que ninguén se pode negar a visitalo por moi lonxe que vivas deste país. 
Explicounos o significado do seu escudo, a bandeira, a súa xeografía,  e sempre, cunhas pinceladas na que a  cidade romana máis importante para nós, estivo presente. Que bonito e que detalle pola súa parte! 


E despois de coñecer España, puxemos rumbo a Noruega! ... terra de vikingos, montañas, glaciares e fiordos. Non vexades a envexa que nos deu cando nos falou da beleza inexplicable das "Auroras Boreais" que se poden observar durante as noites de inverno, das súas casiñas de madeira, e de todos os deportes que se poden practicar ao aire libre!
Sabíades que no pobo noruego de Longyearbyen (nas illas Svalbard), morrer é ilegal? Co paso do tempo, comprobaron que a enorme capa de xeo de cubría os cadaleitos, impedía que os cadáveres se descompuxeran. Por mor disto, no camposanto destas illas, xa non hai sitio, polo que se morres aquí, enviarán o teu corpo en avión para a túa casa. Curioso, verdade?


Unha ruta emocionante, entretida e con moita información!

MARTÍN, SARA E CHLOE, MOITOS, MOITOS PARABÉNS!!

22/02/2024

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2024

 


Antes de achegarnos á vida e obra de Rosalía de Castro, imos demostrar o que xa sabemos da escritora. Preparados? Adiante! 


Un ano máis, coincidindo coa data do seu nacemento, o 23 de febreiro, conmemoramos e rendimos homenaxe á escritora de referencia da literatura galega: Rosalía de Castro.
O seu poema "Has de Cantar", é o poema inicial da súa obra "Cantares Gallegos". No poema, ademáis de cantar sobre Galicia e para Galicia, Rosalía de Castro defende a súa terra e a súa lingua: o galego.
O grupo de 6ºA, quixemos por voz a este fermoso poema.


Ademáis, plasmamos artísticamente a imaxe de Rosalía de Castro. Baseámonos no  "Vangardismo" artístico e un dos seus representantes, o artista holandés Piet Mondrian.



20/02/2024

VISITA DAS XOGADORAS DO ENSINO LUGO CB

Hoxe, visitaron a nosa aula Ane Olaeta e Blanca Millán, xogadoras do Ensino Lugo CB. 

Faláronnos da importancia de reivindicar a igualdade de trato no deporte masculino e feminino, e, convidáronnos a asistir ao derby galego que disputarán o vindeiro 24 de febreiro, contra o  Celta CB, baixo o lema: "FAINO POR TI, POR ELAS E POR TODAS".



MOITA SORTE ENSINO LUGO!!




19/02/2024

VIAXEIROS POR EUROPA: ISLANDIA - PAISES BAIXOS

 




Hoxe visitamos o  norte de Europa. Recibimos na nosa clase aos embaixadores de Islandia (capital Reikiavik) e Paises Baixos (capital Amsterdam). Sorprendéronnos con toda a información que nos achegaron. 
Sabíades que Islandia é a segunda illa máis grande de Europa, e que é un país cunha grande actividade volcánica? O auga de Islandia é unha das mellores do mundo e o aire é moi limpo porque en Islandia non existen aglomeracións e miles de fábricas como noutros países de Europa. 
O embaixador de Islandia, veu acompañado dun souvenir de "frailecillo", ave famosa polo seu peteiro colorido e patas alaranxadas que habita nas terras islandesas.




E de Islandia, viaxamos a Ámsterdam, capital de Países Baixos.
O seu embaixador, comezou explicándonos o significado das cores da súa bandeira:
a cor vermella, representa o sangue de todos os que defenderon a nación, o blanco representa o símbolo da paz, e, o azul, reflexa os mares e ríos deste país europeo.
Tróuxonos moitas curiosidades: sabíades que  os holandeses son os homes máis altos do mundo e que  hai máis bicicletas que persoas? 


Disfrutamos dunhas xornadas moi boas nas que coñecimos moitos aspectos destes dous países que forman parte do noso continente. 
O noso "euro-pasaporte" comeza a engrosarse!!

PARABÉNS RAPACES!!




15/02/2024

COMPLEMENTO DIRECTO E COMPLEMENTO INDIRECTO

O Complemento Directo (CD) e o Complemento Indirecto (CI) son palabras ou grupo de palabras (sintagmas) que acompañan ao verbo pero aportan información diferente sobre a acción do mesmo.

Le con atención a seguinte información. Axudarache a distinguir un complemento directo dun complemento indirecto.



Hai tres amigos que nos axudarán a diferenciar o CD do CI: "Olono", "Alana" e "Llelles":







Imos practicar o CD e o CI. Adiante!













06/02/2024

ENTROIDO 2024



A piques estamos de comezar a semana grande de Entroido no colexio!
Nos días previos á súa celebración poñémonos ás ordes do meco.

Atentos tedes que estar

se ao meco queres agradar.

Cada día da semana

Unha orde mandará.

De luns ao xoves,

da casa, algo traerás.

E ao chegar o venres,

traxe de hippie tés que levar!







E así rematados a semana!



05/02/2024

VIAXEIROS POR EUROPA: SUECIA - MALTA

Hoxe fixemos un grande percorrido. Atravesamos o continente europeo de norte a sur. Do frío de Suecia desprazámonos ás illas do Mar Mediterraneo, Malta. Ámbolos dous países pertencen á Unión Europea.


A embaixadora de Suecia, chegou cargada cunha maleta chea ata os topes. Invitounos a coñecer o Palacio Real de Estocolmo, pasar un día divertido no parque de atraccións "Liseberg",  a comer o "Knäckebörd" (pan con queixo e xamón) e, se cómpre algún moble, visitar a franquicia máis coñecida en Europa para amoblar a casa.
Abraidos quedamos coas curiosidades que a embaixadora sueca contou sobre o seu país: é o país que conta con máis restaurantes dunha coñecida marca de comida rápida, foron os inventores do  cinto de tres puntos que utilizamos nos nosos coches, do GPS e o tetrabrick. Por suposto, non se esqueceu de falarnos do creador dos "Premios Nobel", Alfred Nobel, inxeneiro, químico e inventor da dinamita.


A embaixadora de Malta, tampouco quedou atrás. Foi moita a información que nos trouxo  do arquipélago (conxunto de illas)  de Malta. Sabíades que a cruz de San Jorge que aparece na súa bandeira, é símbolo de  honra polos malteses que loitaron na 2ª Guerra Mundial? 
Invitounos a visitar a "Fonte do Tritón", a "Torre de Santa Ágata", tamén coñecida como a "Torre vermella" pola cor da pedra caliza coa que está construída. E como non podía ser menos, convidounos a degustar o seu prato típico, "Pastizzi", pasteis recheos de requeixo ou chícaros ( non confudilos cos pastizzi italianos).
Sen dúbida, foi unha xornada ben amena na que aprendimos moitas cousas!
Parabéns, rapazas!

02/02/2024

VIAXEIROS POR EUROPA: ALEMANIA - SUIZA

Continuamos o noso periplo polo continente europeo. Abandonamos Hungría para desplazarnos a Alemania, e, dende alí viaxamos a Suiza.


Recibimos ao embaixador de Alemania que nos contou que o seu país foi un dos primeiros, xunto con Francia, Italia, Países Baixos, Bélxica e Luxemburgo, en formar parte da Unión Europea e que está formado por 16 estados federados.

Animounos a coñecer a Porta de Brandenburgo, ,  comer unha boa "Bratwurst" (salchicha típica do país), e como non, gozar escoitando as composicións do famoso compositor Johann Sebastian Bach.


De Alemania, partimos cara Suiza. O embaixador de Suiza, fíxonos a boca auga  falando dos seus chocolates, queixos... e os productos tan bos que teñen o seu orixe neste país. Animounos a esquiar nos Alpes Suizos, e, recomendounos mercar un dos reloxos tan precisos que se fabrican nesta terra.

Parabéns!



Cool Red Outer Glow Pointer