30/09/2020

COMUNIDADES AUTÓNOMAS DE ESPAÑA

Esta semana, lembramos as Comunidades Autónomas de España. Fixesteis moi bo traballo! E para mostra, para que non se esquezan, aquí deixamos os mapas que  Marina e Sergio completaron 😃👌.

 

                                                                                                                    Marina Vigo


                                                              Sergio Fernández

 

No seguinte enlace, podedes repasar as Comunidades Autónomas dun xeito moi divertido :

👇

MAPA INTERACTIVO DAS COMUNIDADES

 

En Lingua Castelá dicimos e escribimos "Extremadura" ,pero, en Lingua Galega, deberemos dicir e escribir "Estremadura". 

 

 

29/09/2020

21/09/2020

O CORPO HUMANO

Estes días na área de Naturais, estivemos a repasar o corpo humano. Lembramos os ósos que forman o noso corpo e a función de cada sistema: dixestivo, respiratorio e circulatorio.

 


Deixovos, para que visionedes de novo, o video sobre o tema que estivemos a traballar.


Animádesvos agora a cantar? Veña, vai!! 😃

18/09/2020

DESEÑO DO NOSO LOGO

Un logo é un símbolo formado por imáxenes ou letras que serve para identificar unha empresa, marca, institución... e as cousas que teñen relación con elas.

Esta semana decatámonos que ao noso blog lle faltaba ese símbolo que o identificase. Así que, puxémonos mans á obra e convocamos na aula un concurso para seleccionar o logotipo do noso blog. Unha vez vistos todos os deseños, procedimos á votación, saíndo escollido por maioría o traballo presentado por Manuel. 

Todos os traballos que fixestes,  son merecedores de recoñecemento, así que, PARABÉNS A TOD@S!!

Aquí vos deixo todos os vosos deseños por si queredes volver botar unha ollada.

 


15/09/2020

AUTORIZACIÓNS E XUSTIFICANTES


Nas etiquetas que seguen a continuación, podes descargar os modelos de xustificantes ou autorizacións que precises. Só tes que clicar enriba delas.









14/09/2020

RECOMENDACIÓNS HIXIÉNICO SANITARIAS

 Por ti, por min, por TODOS NÓS, non esquezas seguir estas recomendacións! Le sen présa e presta moita atención 😉


Sabedes colocar correctamente a máscara? ... Bota unha ollada a este video!


 






13/09/2020

BENVIDA

Benvidos a todos/as!
Iniciamos xuntos unha nova andaina escolar, que sin dúbida, vai ser diferente ao estar condicionada pola pandemia que estamos a vivir.  
Estou segura de que todos/as imos intentar ser cautos e responsables no día a día, convencidos, de que ésta, é a actitude  que nos vai  axudar a conseguir a ansiada normalidade durante este curso 2020-21.
Deséxovos moitísimo ánimo e ilusións a feixes, neste camiño que está a piques de comezar!
PREPARADOS? ... ARRINCAMOS!



LEMBRÁDEVOS:

 


Cool Red Outer Glow Pointer