27/01/2022

DÍA DA PAZ 2022

 Un ano máis conmemoramos no noso colexio o 

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

Este ano, dirixímonos cara a poesía e decidimos elaborar entre todo o grupo, un poema adicado á PAZ.

Agardamos que vos guste! Desfrutade del!

Parabéns Rapaces!!
Queredes saber máis sobre a orixe, persoas que traballaron pola paz ao longo da nosa historia, o verdadeiro significado dos símbolos da paz e moitas cousas máis? 
Pasade un bo rato!

QUE OS MUROS QUE LEVANTEMOS, SEXAN MUROS  DE BOS CORAZÓNS!



TOUR A ISLANDIA

Seguimos a recibir a novos embaixadores na nosa aula. Hoxe tivemos a sorte de contar coa presencia da embaixadora de Islandia. Chegou ben abrigadiña, pois neste país vai moito, moito frío!


BENVIDA!!!! 

Sabíades que este país é un dos países  máis seguros do mundo, e, que nel, non hai formigas, e, nin un restaurante de comida rápida?

Queredes coñecer moitas máis curiosidades sobre este país?

MOI BO TRABALLO!! ...PARABÉNS!! 😊

Cal será o próximo destino??? 

24/01/2022

EUROTOUR 2022

Hoxe chegaron á nosa clase dous "embaixadores europeos" que nos trouxeron moitísima e moi interesante información sobre os seus países.


O embaixador de Suecia, deixounos este marabilloso video sobre o seu país. Agardamos que o disfrutedes tanto coma nós.

Dende Suecia, viaxamos a Ucraína, onde, o embaixador deste país, deunos a benvida e presentounos aspectos interesantísimos do seu país. 

Sabíades que en Ucraína hai unha rexión que se chama "Galitzia"? ( o nome seméllase moito ao nome da nosa comunidade)

Se queredes saber máis sobre Ucraína, clickade na bandeira do país

PARABÉNS RAPACES!!

avion-imagen-animada-0119

SEGUIMOS A COÑECER MUNDO!


21/01/2022

KAHOOT: CAPITAIS DE EUROPA I

Deixovos o kahoot das 25 primeiras capitais de Europa para que podades practicar.

 Adiante!

Click no mapa de Europa:


  



17/01/2022

OS CINCO REINOS DOS SERES VIVOS

Lembremos como se clasifican os seres vivos e cuales son as súas características principais. 

Seguide con atención a seguinte presentación




14/01/2022

ATA SEMPRE, MARTINA!

Na vida, moitas veces, temos que tomar decisións que nos custan moito. Pero, sempre debería ser  pensando  na mellora e no avance de cadaquén. 

Hoxe, tivemos unha mañá moi morriñenta na clase, pois tocou dicir, con todo o noso cariño, ATA PRONTO! á nosa compañeira Martina, pois marcha a vivir a outro país.

Todos os que formamos o grupo de 6ºA (alumnos e mestres)  estamos seguros de que non nos imos esquecer da nosa amiga. 

Desexámosche a mellor sorte do mundo na nova etapa que vas emprender! 

Moito ánimo e sorte, Martina!




Cool Red Outer Glow Pointer