17/12/2023

NADAL 2023

Este ano, decidimos felicitar o Nadal ao grande! 

Cada grupo-clase do colexio, encargouse de elaborar unha tarxeta-mural que , unha vez rematadas todas, nos achegarían os mellores desexos de cada aula para este Nadal.

Todos nós ,  participamos na elaboración do  noso cartel. Levounos tempo! Cada día aportabamos un graíño de area sen deixar aparcadas as tarefas de aula, polo que, foi un claro exemplo de que con organización,  colaboración e o traballo en equipo, os resultados son sempre positivos. Ollade o bonito que nos quedou! 💞




TRABALLO REMATADO!!


PARABÉNS, EQUIPO!




14/12/2023

REANIMACIÓN CARDIOPULMUNAR

A reanimación cardiopulmonar, abreviada como RCP, ou reanimación cardiorrespiratoria, é un conxunto de manobras temporais e normalizadas, destinadas a asegurar o osixenación dos órganos vitais cando a circulación do sangue dunha persoa detense, independentemente da causa do paro cardiorrespiratoria.

Hoxe, tivemos a sorte de poder asistir a unha charla-obradoiro, onde, de mans de Marta e Susana,  profesionais no tema, pudemos coñecer moita información, que sen dúbida, axudaránnos a saber desenvolvernos ante unha situación de emerxencia sanitaria, así como, levar a cabo de xeito práctico, unha RCP.






MULTIPLICACIÓN Y DIVISIÓN DE LOS NÚMEROS ENTEROS

Para multiplicar y dividir números enteros, debemos tener en cuenta la regla de los signos.

👇


 Mira y escucha con atención el siguiente video pues te ayudará a entender como debemos multiplicar y dividir los números enteros:

  Practicamos un poco? Completa el crucigrama!

04/12/2023

6 DE DECEMBRO: DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA


Un chuvioso 6 de decembro, de 1978, os españois foron chamados a votar. Os cidadáns debían respostar cun "si", "non" ou "abstención" á pregunta: "Aproba o proxecto de Constitución?
Confirmábase neste día, que España contaría, por primeira vez, cunha Constitución apoiada directamente polo pobo.

A Constitución foi promulgada pola S.M o Rei D. Juan Carlos I, o día 27 de decembro de 1978 e publicouse o 29 de decembro no "Boletín Oficial do Estado",  entrando en vigor o mesmo día da súa publicación. Pero, que aporta a Constitución á organización do noso país? Mira e escoita con atención ao seguinte video:

Agora, Que sabes da nosa Constitución?
 

SUMA DE LOS NÚMEROS ENTEROS

Seguro que os suena esta imagen, verdad? 
 
Si, la letra Z es la letra que nos sirve para representar el conjunto de los NÚMEROS ENTEROS.
   
RECORDAMOS:
 

 Y cómo hacemos para SUMAR  números enteros?

Mira y escucha atentamente el  siguiente video:

 

¡Que no se te olvide! 


Practicamos? Adelante! 

Seguro que es muy fácil!

 Suma de números enteros, una ficha interactiva de anaegf_19

30/11/2023

NÚMEROS ENTEROS

¿Entendimos lo que es un número positivo y un número negativo? Recordémoslo!

 Jugamos con los números enteros?  

Los 5 matemáticos más importantes a lo largo de la Historia (Copérnico, Descartes, Einstein, Newton y Pitágoras) piden vuestra ayuda para encontrar los números enteros desaparecidos.

¿Estáis dispuestos a ayudarles? ... ¡BUEN VIAJE!

29/11/2023

PROXECTO MUSICAL

Este curso, a área de Proxecto Competencial, ten un sonido moi armonioso: estamos a investigar e a traballar no mundo da música. 
Entre nós, temos compañeiros moi aficionados ao mundo musical: dende os ACDC, os Rolling Stones... ata a música clásica!
É o caso de Dani, que non dubidou en traer a súa guitarra para presentarnos en vivo e en directo unhas pezas musicais. Agradecemos estas maravillosas iniciativas!! Disfrutade!

 Parabéns, Dani!

20/11/2023

25 DE NOVEMBRO 2023

Como cada 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller .

A Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller, emitida pola Asamblea Xeral da ONU no 1993, define a violencia contra a muller  como:

 "todo acto de violencia que teña o poda ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto si se producen na vida pública como na vida privada".



Hoxe, vas descubrir que o mundo é só para ti ;
que ninguén pode facerche dano ...



Mural realizado polo alumnado de 6º curso EP

16/11/2023

O CORPO HUMANO

Dende hai uns días, temos un novo compañeiro na nosa aula. Non sabemos moi ben o seu nome completo, pero contan na clase,  que é coñecido como "Mariano".
Non temos queixa ningunha del! (el tampoco laia moito).
Mariano, escóitanos con atención, míranos fixamente a cada intre, e, grazas a el,  coñecemos 
máis de preto o noso corpo. Cada día aprendemos un anaquiño máis del e descubrimos a maquinaria tan perfecta que temos no noso interior. 

Gala máis Roger, animáronse a poñerlle, a modo de "tatoos", algúns dos nomes dos ósos que compoñen o seu craneo e o seu tronco. 

En resumidas contas... que estamos encantados de telo connosco! 


10/11/2023

VISITA DOS XOGADORES DO CD LUGO SALA

Hoxe, acompañados do seu entrenador, Guillermo Martínez, visitaron a nosa clase, dous xogadores do CD Lugo Sala : Luis Longo e Iago Tenreiro.

O equipo que está en plena tempada deportiva, convidounos a acompañalos no próximo partido, agasallándonos con entradas de balde, e tamén, coas súas sinaturas.




Moita grazas pola visita e, sobre todo,
MOITA SORTE!!

08/11/2023

CONSTRUÍMOS UNHA MAN ROBÓTICA

Para coñecer como se moven as nosas mans e achegarnos aos osos que hai no seu interior, estes días construímos na clase, unha man robótica.

Estes son os materiais que utilizamos: 


Cecilia, amosounos o resultado do seu traballo e explicounos o proceso de elaboración, así como, o funcionamento da súa man robótica.

Parabéns, Ceci!!
Ollade o resultado!
A man robótica, imita o deseño dunha man humana. 
Cando dobramos un dedo, un músculo (nós tirando do fío) do noso antebrazo tira dun tendón (o fío) , unha fibra longa e resistente que conecta o músculo co óso (palliñas) e fai que o dedo se dobre pola articulación.

03/11/2023

APADRIÑAMENTO LECTOR

 Hoxe recibimos unha moi grata visita na aula de 6ºA!

Varios alumn@s de 2º da ESO, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, entre eles, antigo alumnado do noso centro, acompañados da súa profesora de Lingua Galega e titora, Ana Rouco, compartiron connosco unha agradable velada na que nos falaron do proxecto de irmandamento que están a desenvolver con outro IES das Pontes de García Rodríguez. 

Animáronnos a ler e deleitáronnos coa lectura do libro no que os Bolechas corren moitas aventuras nesta localidade.

Estivemos encantados coa visita, e, agardamos cos brazos abertos a seguinte .





Moitas grazas,
 Ana, Saul, Lara, Candela, Nerea e Gabriela!
Seguimos a ler ...

29/10/2023

SAMAÍN 2023



Xa está aquí o SAMAÍN, a festa de orixe celta, que conta cunha larga tradición e historia en Galicia.

Biosbardos, Meigas chuchonas, Sacauntos, Diaños Bulreiros, Cachanos, Busgosos, Chuchasangues, Papóns, Urcos... e outros máis, son personaxes tradicionais do Samaín que coñecimos estes días.


Non esquecemos que o Samaín, tamén é tempada de apócemas máxicas, e para maxia, a orixe da nosa lingua galega!

Descubramos pois, cal foi a poción empregada para a creación da nosa "LINGUA GUAPA"...

 

E así de ben o pasamos!

Chegaron novos personaxes á clase de 6ºA:


... algúns de ollos vermellos!!!


Para estar máis guap@s, 
tivemos obradoiro de maquillaxe:


A festa, tamén a fixemos na rúa!


Despois de tanto traballar ... 
é hora de repoñer folgos cun bo magosto!


Sen dúbida, unha xornada ben boa e intensa!!



Cool Red Outer Glow Pointer