20/12/2021

FELIZ NADAL 2021

O grupo de 6ºA  achegamos os nosos mellores desexos a toda a xente. Desexos de cambios, de avance e de mellora!
Que saiamos canto antes desta situación de pandemia que nos toca vivir! 
Que neste Nadal,
a maxia sexa a nosa mellor prenda,
o sorriso o mellor agasallo,
e a felicidade, o noso desexo!

Moita saúde para tod@s!
Bo Nadal e Feliz Aninovo a tod@s!
 




19/12/2021

PALABRAS POLISÉMICAS

 














12/12/2021

DE LA PALMA A LUGO


Dende hai uns días, recibimos unha grande ledicia: o saber que as nosas mensaxes de apoio a toda a xente de Palma, que o está a pasar tan mal, por mor da erupción do volcán "Cumbre Vieja", chegaron ao seu destino!

Contentos e satisfeitos de poder participar coa nosa humilde aportación de solidariedade, recibimos mensaxes de agradecemento por parte de diferentes centros educativos de La Palma. 


                        












23/11/2021

25 DE NOVEMBRO DE 2021



NÓS, TAMÉN DICIMOS: 
"NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!"





REPASAMOS O RELEVO E A HIDROGRAFÍA DE EUROPA

Déixovos os kahoots sobre o relevo e os ríos de Europa para que podades seguir repasando. 

Estarán activos ata o día 30 de Novembro.

Por favor, lembrade a importancia de facer un uso responsable dos mesmos!! 😉

RELEVO DE EUROPA (CLIC NA IMAXE)


 HIDROGRAFÍA DE EUROPA (CLIC NA IMAXE)




15/11/2021

TODOS CON LA PALMA

Dende que o pasado día 19 de setembro, o volcán "Cumbre Vieja" da illa canaria de La Palma, entrou en erupción, acordamos poñernos no lado de toda a súa xente, e, mostrarlles toda a nosa solidariedade, afecto e cariño, do mellor xeito posible: traballando en equipo. 

Os dous cursos de 6º de EP organizámonos para crear e facerlles chegar a todos os centros educativos de La Palma, as nosas mensaxes de apoio ante a situación tan triste que están a vivir.

Desexamos de todo corazón que  o volcán cese a súa actividade, e, por fin, remate este pesadelo que está a sufrir toda a súa xente.


Ao voso lado!
 


10/11/2021

FONTES DE ENERXÍA



De onde se extrae a enerxía que utilizamos na nosa vida diaria? Sabes cales son as fontes de enerxía máis destacables?
Acheguémonos ás FONTES DE ENERXÍA! , pero, lembra, que nas nosas mans está reducir o impacto ambiental no noso planeta, reducindo as emisións contaminantes. 😉


04/11/2021

EDUCACIÓN VIAL

senal-de-trafico-imagen-animada-0157senal-de-trafico-imagen-animada-0004

Conscientes da importancia da adquisición de conductas e comportamentos seguros, tanto como peóns, como usuarios do transporte público, esta semana tivemos unhas charlas moi interesantes organizadas polo Concello de Lugo en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico.

Aprendimos moitas cousas importantísimas: os  hábitos correctos e seguros tanto en vías urbanas como interurbanas, situacións de tráfico reais,  a importancia da señalización vertical e horizontal, os semáforos , a importancia do chaleco reflector, o uso do casco,  o cinto de seguridade, e, ata simulamos situacións da vida real.





senal-de-trafico-imagen-animada-0001

03/11/2021

EXPERIMENTO CIENTÍFICO: O OVO SALTARÍN

Estes días pasados, na clase de CC Naturais, realizamos un novo experimento baseado nos cambios físicos e químicos da materia.

Cales son os nosos obxectivos ? 

  • Lograr que un ovo sexa quen de rebotar sen estragarse.
  • Observar como o vinagre reacciona coa cáscara do ovo e se fai elástico.
  • Identificar os fenómenos físicos e químicos que ocorren.

Para isto, imos necesitar os seguintes ingredientes:


  • Un ovo
  • Vinagre
  • Un recipiente con tapa
  • Luvas refugables


Carlos e Mª del Mar móstrannos os pasos a seguir. 
Prestade atención!


Que vai pasar? 
O ácido acético do vinagre reacciona co carbonato cálcico da casca do ovo producindo dióxido de carbono (as burbullas de gas que se desprenden na casca do ovo). Coa cantidade de vinagre suficiente desaparece toda a casca de ovo.

Cal foi o resultado?
Unha vez que sacamos o ovo e o limpamos ben, comprobamos que o o ovo aumentou de tamaño e ...

Mellor que o vexas! ... Non é máxia!


OBXECTIVOS CONSEGUIDOS!!
PARABÉNS RAPACES!!

MOI IMPORTANTE: Non intentes facer ningún experimento sen axuda dun adulto. 😇

29/10/2021

SAMAÍN 2021

Venres, 29 de Outubro: O Samaín está ás portas!halloween-imagen-animada-0056
Demos, bruxas, morcegos, pantasmas, lobos e seres doutro mundo, achegáronse hoxe á nosa clase. Que non volo credes? Botade unha ollada ...














NA NOITE DO SAMAÍN ...fantasma-y-espiritu-imagen-animada-0164


Cool Red Outer Glow Pointer