Oxalá, nunca esquezades as gañas de preguntar ... e por que?, e que sigades atopando amizades tan boas como as que fixestes aquí! ...
MOITOS PARABÉNS, 6ºA!
Oxalá, nunca esquezades as gañas de preguntar ... e por que?, e que sigades atopando amizades tan boas como as que fixestes aquí! ...
MOITOS PARABÉNS, 6ºA!
A piques xa de rematar este curso escolar, realizamos unha emocionante excursión á cidade da Coruña.
Comezamos a xornada cun día moi solleiro no que tivemos a oportunidade de aprender e divertirnos visitando a Casa das Ciencias, onde descubrimos fenómenos científicos a través de experimentos e actividades interactivas.
Ao remate desta primeira visita, gozamos dunha fascinante sesión no planetario que nos permitiu viaxar polo universo e coñecer mellor os planetas, as estrelas e outros misterios do espazo.
Como tiñamos un día longo por diante, paramos a recuperar folgos no Parque de Sta Margarida, e, a continuación, realizamos a última parada no Acuario Finisterrae, onde, observamos unha grande variedade de especies mariñas, e, ademáis de aprender sobre a importancia de coidar os océanos e a vida que albergan, saudamos a Gastón, o exemplar de tiburón que visitamos na Sala Nautilus, onde, máis dun/dunha, pensou ser o Capitán Nemo ao bordo do seu submariño.
Sen dúbida, unha fantástica xornada!
Unha nova edición da nosa revista escolar "Brinquiños" chea cargada de enerxía, creatividade e, sobre todo, das voces de quen fai vida no colexio.
Grazas a todos os que fixeron posible este número! Pasade a páxina, e, gozade da lectura!
Hoxe, tivemos a sorpresa de poder recibir a uns invitados moi especiais: os xogadores do CD Lugo Sala, Iván Castro e Bruno, e do CB Breogán, Iván Cruz e Petar Aranitović.
Con eles, compartimos unha xornada moi interesante na que aproveitamos para preguntarlles non só sobre a competición, senón para lembrar valores tan importantes como o esforzo, o respecto e a superación persoal. Unha oportunidade única!
Ah!, e ademáis, agora temos a sorte de ter na clase os balóns de fútbol e baloncesto asinados por eles!
Moitas grazas pola visita, e... Benvidos!!