31 DE OUTUBRO: SAMAÍN
Pantasmas - cabazas - meigas - morcegos - meigallos - falcatruadas - demos - néboa - espíritos - gatos - feitizos...
O Samaín deriva da palabra samhain, que significa "fin do verán" e designa a festa celta que conmemora o cambio de estación ( do verán ao inverno).
Celébrase o remate da cosecha como o derradeiro día do ano conforme ao calendario celta, o cual tería lugar a noite do 31 de Outubro.
Esta noite tamén é coñecida como "a noite dos calacús" (cabazas). Cóntase que na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro, abríanse as portas do máis alá, e, as almas dos defuntos aproveitaban para visitar o mundo dos vivos. De aquí xurden moitas das lendas galegas, algunhas delas, con bruxas como protagonistas ...
MIRADE A VER SE AS HAI ...!