Hoxe, tivemos a sorte de poder asistir á proxección do filme "VALENTINA", en versión orixinal, no Centro de Convivencia de Fingoi.
O filme, recibíu un premio "Goya" (na edición deste ano) á mellor película de animación, que, sen dúbida, é un recoñecemento moi, moi merecido!
Puidemos gozar da historia tan fermosa que nos contou a protagonista, e, ademáis, escoitar de novo, a voz de Lucía Serén, ex alumna do noso colexio, que puxo voz á protagonista, Valentina, na versión do filme en Lingua Galega.
A película é unha verdadeira oda á inclusión. Non deixedes de vela! Paga a pena!