Sabías que o primeiro Día Internacional do Libro que se celebrou foi o 7 de outubro de 1926, pensando que coincidía coa data do nacemento de Miguel de Cervantes? (hoxe mántense o 29 de setembro como data do seu nacemento).
A idea foi do escritor Vicente Clavel Andrés, quen propuxo a idea de establecer un "Día oficial do libro" á Cámara Oficial do Libro de Barcelona, e o día 7 de outubro quedou marcado como a Festa do Libro Español. Aínda así, ao cabo dos anos, empezouse a cuestionar se esta data era realmente o nacemento de Cervantes. E por esta razón (e tamén porque parecía máis práctico facer unha celebración ao aire libre nunha época de máis calor) en 1930, decidiuse mover o Día do Libro ao 23 de abril.
Trátase dun día simbólico para a literatura mundial, xa que ese día, pero en 1616, finaron tres importantes escritores da literatura universal: Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e Shakespeare.
Cervantes, en realidade, morreu o 22, pero foi soterrado o 23, e en canto a Shakespeare, ese 23 de abril, corresponde ao calendario xuliano, vixente aínda na Inglaterra isabelina.
Queres coñecer un pouco máis sobre Miguel de Cervantes e o seu "Ingenioso Hidalgo Caballero Don Quijote de la Mancha"? ... Adiante!
Nunha biblioteca podes vivir multitudes de aventuras. Apetéceche dar unha volta por unha biblioteca máxica?
Non perdas tempo, e axuda a atopar os libros perdidos!
Aurora, irmá de Irene, e, Marta, a nai de Martín e Blanca, quixeron colaborar connosco na semana do libro recomendánnos lecturas moi emocionantes! ... Que sorte temos! 😍
Moitísimas, moitísimas grazas, Aurora e Marta, pola vosa colaboración!
Estas son as nosas recomendacións de lecturas...
Nesta semana que adicamos á importancia de ler, e ter sempre como compañeiro un libro, descobrimos, grazas á nosa compañeira Sara, outro tipo de lectura: o SISTEMA BRAILLE.
O sistema "Braille" é un sistema de lectura táctil que utiliza puntos en relevo para representar letras e números. Os libros en braille, permiten ás persoas con discapacidade visual acceder á informacion escrita de xeito independente e autónoma.
Sara explicounos moi ben o material que se precisa, o xeito de escribir, e, trouxonos a tod@s un agasallo precioso: o noso nome en Braille.
Moitas grazas, Sara, pola túa colaboración, e por todo o que aprendemos contigo! ☺
Moitas grazas, Sara!
FELIZ DÍA DO LIBRO!