Para que coñezades un chisco máis o autor do Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, a escritora Eva Mejuto e a ilustradora Lucía Cobo propóñennos unha obra de teatro protagonizada polos obxectos que acompañaron o noso homenaxeado en distintas etapas da vida.
Vaivos tocar berrar, cantar, bailar... Que mellor xeito de celebrar?
Con motivo da conmemoración deste día, asistimos á Feira do Libro da nosa cidade, onde percorrimos diferentes postos nos que puidemos ollar moita variedade de libros , escoitamos recomendacións por parte dos encargados, e, recibimos algún que outro agasallo. A continuación, xunto con alumnado doutros centros, disfrutamos da actuación da actriz e dramaturga, Ana Carreira, quen nos contou unhas historias ben amenas e graciosas. O noso compañeiro Rubén, participou nunha das historias!