26/02/2026

DIVISIÓN DE NÚMEROS DECIMALES


 ¿CÓMO SE DIVIDEN LOS NÚMEROS DECIMALES?

 
Fijate en los diferentes casos que se pueden dar: 


 ¿Practicamos un poco con los números decimales?



22/02/2026

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2026

 

Rosalía de Castro (Santiago de Compostela, 1837 - Padrón, 1885), a nosa escritora máis universal, tanto que ata ten unha estrela no ceo, cumpriría anos o 23 de febreiro.
Pero, que lembras da vida e obra de Rosalía de Castro?


"Cantarte hei, Galicia" é un famoso poema introdutorio de Rosalía de Castro publicado na súa obra Cantares Gallegos (1863), no que a autora se compromete a cantar en galego para consolar os males e penas da súa terra, rendendo homenaxe á súa lingua e cultura.





08/02/2026

ENTROIDO 2026

Este ano, iniciamos a conmemoración do Entroido cos "MANDADOS DO MECO". Pero, coñeces realmente cal é o significado do MECO  e que relación ten co Entroido?



Cóntase que a orixe deste personaxe, estaría na localidade pontevedresa do O Grove

O Meco é un personaxe lendario na literatura popular galega, que segundo conta a tradición, respondía á figura dun cura ou seminarista, home ruín que ofendía e abusaba das mulleres, e como consecuencia dos seus feitíos e ofensas, estas tomaron a xustiza pola man e aforcárono nunha figueira. 

Cando o xuíz abriu o sumario por tal axustizamento e preguntou: "quen matou ao Meco?" todos os homes e mulleres responderon ao unísono: Matámolo todos!

Ninguén pudo ser acusado.

Aparece documentada por vez primeira da man de frei Martín Sarmiento, que a cita na súa Viaje a Galicia, de 1745, como un sucedido uns oitenta anos antes da súa viaxe.

"Antes de entrar en el arenal do Vado a mano derecha hay tres montes y en la cima del del medio hay dos ganchos y entre ellos está la higuera famosa, porque en el Grove hay tradición que allí ahorcaron las mujeres al Meco, y yo mandé cortar unas ramas de dicha higuera para llevar a Madrid por bufonada

A ameaza de «se non calas, lévate o Meco» foi utilizada por moitas nais para que os seus meniños  e meniñas calasen se choraban ou facían trasnadas. 

Hoxe en día,  a figura do Meco no entroido galego, representa a burla e a sátira, e, seguindo a tradición, a queima do Meco realízase durante o serán do Mércores de Cinza despois do enterro da sardiña poñendo fin ás festas pagás do Entroido e dando paso á Coresma.

Seguro que coñeces máis personaxes e tradicións do Entroido Galego! 

Demostra o que sabes!


QUE COMECE A SEMANA DE ENTROIDO!




E chegou o venres!!

Quitade a palla do camiño
e preparade o corazón,
chegan os reis do campo
nesta grande celebración!!


Coa colleita desta semana, a mellor diversión,  chegaron os granxeiros!

Houbo regueifa de profesorado e alumnado, música, desfile de comparsas,e por suposto, merenda típica de entroido con orellas, filloas, rosquillas ...



















Moitas grazas pola colaboración!! 💫

SUMA Y RESTA DE NÚMEROS DECIMALES

Los números decimales se suman y se restan igual que los números naturales:

 décimas con décimas, centésimas con centésimas, milésimas con milésimas.

¡Así de fácil!

Si es necesario, podemos añadir ceros para que tengan el mismo número de cifras decimales. 

Ejemplos:

235,456 + 687,52 =              575,9 - 387,463 =

Así resolveríamos: 

Ahora, presta atención al siguiente video: 


¿Practicamos?

01/02/2026

DÍA DA PAZ 2026


Nelson Mandela, Teresa de Calcula, Sadako Sasaki, Marthin Luther King, Malala Yousafzai e Mahatma Gandhi, son os personaxes que escollimos este ano para afondar nas súas biografías como referentes mundiais da defensa da non violencia e a xustiza social na historia da humanidade.




Ao longo da historia, moitas voces denunciaron a violencia e o sufrimento causado polos conflitos, e unha das máis universais fíxoo a través da arte.
O Guernica, a obra máis emblemática de Pablo Picasso, converteuse nun referente mundial pola paz. Este cadro non mostra heroes nin vitorias; mostra a dor, o medo e a desesperación das vítimas inocentes.
Coas súas figuras rotas e os seus berros silenciosos, Guernica lémbranos as terribles consecuencias da guerra e convídanos a reflexionar sobre a necesidade de construír un mundo onde o diálogo e o respecto prevalezan sobre a violencia.
Pero, que garda o Guernica de Pablo Picasso?
Cool Red Outer Glow Pointer