26/01/2025

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2025

 

"Non hai camiño para a paz. A paz é o camiño"


Mahatma Gandhi (1869-1948) foi un dos impulsores do movemento da non violencia e un dos líderes que impulsaron a independencia da India en 1947.
O 30 de xaneiro, coincidindo coa súa morte, conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Gandhi é considerado un heroe nacional no seu país e un símbolo das revolucións pacifistas en todo o mundo. Para defender os seus ideais, utilizaba métodos non violentos como a folga de fame.

Durante décadas axudou ás clases máis pobres da India e defendeu a paz mundial como vínculo de unión de todas as nacións. Foi nomeado cinco veces ao Nobel da Paz, aínda que nunca llo deron.


Na nosa clase, temos unha árbore onde colgamos os nosos desexos de Paz.













07/01/2025

SEGUIMOS!


Despois dos días de celebración do Nadal, retomamos a nosa actividade coas pilas ben cargadas. 
Entramos nunha parte importante do curso escolar: "O SEGUNDO TRIMESTRE". 
Agora máis que  nunca, imos precisar interese, esforzo e   traballo
Se fomos quen de superar o primeiro, por que non, o segundo?
Moito ánimo a todo o grupo! e ... 

A POLO SEGUNDO TRIMESTRE!!  

19/12/2024

NADAL 2024

 Dorme meu neno, dorme carabeliño,

que sae o Apalpador do seu acochiño

e baixa dos montes, cheíño de frío

e quere atoparche, no leito durmido.

Dorme que ven, a palparche

e aloumiñarche a barriguiña

e deixarche para o almorzo

castañas ben quentiñas ...


O grupo de 5º A, 
deséxavos 
Bo Nadal e Feliz Aninovo!






18/12/2024

VISITA SORPRESA

A piques de rematar o primeiro trimestre, cando xa temos todo o traballo feito, tivemos na clase unha sorpresa moi grande!. A nosa titora do ciclo pasado,  Ana Cuba, sorprendeunos coa súa visita.  Emocionounos saber, que Ana, veu disposta a pasar un rato xunto a nós, convertendo ese intre, nun momento especial  que nos encheu de ledicia.

Moitas grazas Ana por todos os agasallos que nos achegaches, e ante todo, por lembrarte de nós!!

16/12/2024

LEONARDO DA VINCI

 De todas as cousas que admiramos de Leonardo da Vinci, se tivésemos que destacar algunha, quizá sería a capacidade de adiantarse ao seu tempo en todo o que facía. Pintura, enxeñería, anatomía, xeometría e botánica son só algunhas das disciplinas onde aínda pervive a súa pegada.

Hoxe visitamos a exposición "Leonardo da Vinci. Observa, cuestiona, experimenta" onde puidemos observar e comprobar como a seu xeito de pensar e a súa curiosidade leváronno máis aló no coñecemento. Que aptitudes e actitudes lle permitiron innovar? Como se potencia a creatividade? O vínculo entre o Leonardo dos séculos XV-XVI e nós, visitantes da exposición no século XXI, é moito máis natural e directo do que poidamos imaxinar.




















08/12/2024

6 DE DECEMBRO: DÍA DA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA


Un chuvioso 6 de decembro, de 1978, os españois foron chamados a votar. Os cidadáns debían respostar cun "si", "non" ou "abstención" á pregunta: "Aproba o proxecto de Constitución?
Confirmábase neste día, que España contaría, por primeira vez, cunha Constitución apoiada directamente polo pobo.

A Constitución foi promulgada pola S.M o Rei D. Juan Carlos I, o día 27 de decembro de 1978 e publicouse o 29 de decembro no "Boletín Oficial do Estado",  entrando en vigor o mesmo día da súa publicación. Pero, que aporta a Constitución á organización do noso país? Mira e escoita con atención ao seguinte video:

Agora, Que sabes da nosa Constitución?
 

05/12/2024

MULTIPLICACIÓN DE NÚMEROS DECIMALES

¿CÓMO SE MULTIPLICAN LOS NÚMEROS DECIMALES?

Se multiplican como si fueran números naturales y, en el producto, se separan con una coma a partir de la derecha, tantas cifras decimales como tengan en total los dos factores.

¡Qué no te queden dudas!


Ejemplo:

73,24 x 5,1= 

Así resolveríamos: 


¿Practicamos?

02/12/2024

I OLIMPIADA MATEMÁTICAS

"Matemáticas Brillantes", "Los Matemáticos", "Escuadrón Salchichón", "Los Gran Matemáticos" "Los Operadores Matemáticos" máis "Los Teletavies", foron os grupos que se enfrontaron na I Olimpiada Matemática celebrada na aula de 5ºA.

Todos os grupos  tiveron que resolver en equipo 6 retos matemáticos: dende os Kilómetros que percorre a xente cando vai traballar, pasando polos cartos gastados nunha tarde de compras, e rematando  co ano no que naceu  e a idade coa que morreu Galileo, son algúns dos enigmas que puxeron en marcha as cabezas pensantes de todos eles.

Ata a solución foi un reto! Así descubrían a corrección! ("rasca e gaña", chamáronlle😊).

Cool Red Outer Glow Pointer