05/03/2025

UNIDADES DE MASA

 


La MASA es la cantidad de materia que tiene un cuerpo. La unidad básica es el gramo (gr), pero como supondrás, hay unidades mayores y unidades menores al gramo:


Para medir grandes masas, se utilizan la tonelada, el quintal y el miriagramo, cuyas equivalencias son las siguientes:

  • 1 Tonelada (t) = 1.000 kg = 1.000.000 gr
  • 1 Quintal (q) = 100 kg = 100.000 gr
  • 1 Miriagramo (mag) = 10 Kg = 10.000 gr

Para transformar una unidad de masa en otra, se multiplica o se divide sucesivamente por 10 (exactamente igual que hicimos con las unidades de longitud).



Practicamos?... Adelante!

01/03/2025

ENTREGA DE PREMIOS CERTAME POESÍA NADAL

A Biblioteca Pública de Lugo, vén de entrega-los premios do certame de poesía de nadal 2024. Entre os gañadores, están os nosos compañeiros:

Pablo Abuín: 1º Premio fase local e accesit en fase provincial.

Carmen Vázquez Sanz: 2º Premio fase local

Sara Real Fernández: 3º Premio fase local.

Os poemas presentados, sen dúbida, son moi merecedores deste recoñecemento!! 

Moi bo traballo, rapaces! Moitos parabéns!!






Seguimos a ler e a escribir poesía!! 

28/02/2025

ENTROIDO 2025

Rodeados  de virus, pero con todas as medidas de seguridade, celebramos a chegada do entroido no noso colexio.

 

Houbo regueifa entre mestres/as e alumnado, desfile pola rúa, e como non, música e baile. 

Ademais, coincidindo nestas datas, co Día Mundial das Enfermidades Raras, o noso grupo achegou o noso graíño de area para lembrar a importancia da investigación nestas doenzas que afectan a un número reducido de persoas.

E despois dunha bo xornada, que mellor xeito que rematar cunha boa chocolatada?
Así de ben o pasamos!











12/02/2025

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2025

 

Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal, tanto que ata ten unha estrela co seu nome no ceo, cumpriría 188 anos este 23 de febreiro.


Sabías que ... ?
O poema de Rosalía de Castro, "Adiós Ríos, adiós Fontes" ,  tivo orixinalmente o título de “Adiós, que eu voume”, e está considerado como o primeiro texto da autora en lingua galega. Pertence ao seu libro "Cantares Gallegos" e foi publicado en 1861 no xornal madrileño "El Museo Universal".


E así lembramos a Rosalía de Castro ...










10/02/2025

MEDIMOS LONXITUDES

Hoxe puxemos en práctica os nosos coñecementos sobre a medida de lonxitudes. 

Dende a mesa da profe, pasando polo caixón de obxectos perdidos e ata no lavabo dos servicios dos alumnos/as, tivemos que tomar nota das medidas para logo convertilas en distintas unidades de lonxitude.

Foi unha clase de matemáticas moi activa, onde, por suposto, tivemos que utilizar o metro. Uns expertos/as en medidas!! 



PARABÉNS RAPACES/AS!!

05/02/2025

UNIDADES DE MEDIDA: LA LONGITUD

Las unidades de medida estuvieron entre las primeras herramientas inventadas por los seres humanos. Las sociedades primitivas necesitaron medidas rudimentarias para muchas tareas: la construcción de moradas, la confección de ropa o la preparación de alimentos y materias primas.

Los sistemas tradicionales basan sus unidades de medición de distancia en las dimensiones del cuerpo humano.

Nuestra unidad principal de medida de longitud es el "metro" pero existen unidades mayores y unidades menores al metro.
 Mira y escucha atentamente:

¿Practicamos?
Clicka en la imagen


26/01/2025

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2025

 

"Non hai camiño para a paz. A paz é o camiño"


Mahatma Gandhi (1869-1948) foi un dos impulsores do movemento da non violencia e un dos líderes que impulsaron a independencia da India en 1947.
O 30 de xaneiro, coincidindo coa súa morte, conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Gandhi é considerado un heroe nacional no seu país e un símbolo das revolucións pacifistas en todo o mundo. Para defender os seus ideais, utilizaba métodos non violentos como a folga de fame.

Durante décadas axudou ás clases máis pobres da India e defendeu a paz mundial como vínculo de unión de todas as nacións. Foi nomeado cinco veces ao Nobel da Paz, aínda que nunca llo deron.


Na nosa clase, temos unha árbore onde colgamos os nosos desexos de Paz.













07/01/2025

SEGUIMOS!


Despois dos días de celebración do Nadal, retomamos a nosa actividade coas pilas ben cargadas. 
Entramos nunha parte importante do curso escolar: "O SEGUNDO TRIMESTRE". 
Agora máis que  nunca, imos precisar interese, esforzo e   traballo
Se fomos quen de superar o primeiro, por que non, o segundo?
Moito ánimo a todo o grupo! e ... 

A POLO SEGUNDO TRIMESTRE!!  

Cool Red Outer Glow Pointer