30/06/2022

FELIZ VERÁN!


GOZADE DO MERECIDO DESCANSO!abrazo-imagen-animada-0026






21/06/2022

PROMOCIÓN 2022


 Chegamos ao remate do curso escolar 2021-22. Rematamos unha etapa moi importante: a Educación Primaria, e, abrimos as portas a outra etapa non menos importante, a Educación Secundaria.

Os que formamos parte da comunidade educativa do Ceip Anexa, desexámosvos a todos, O MELLOR !!

                           Lembranzas ...





E así rematamos ...








10/06/2022

LA 1ª Y 2ª GUERRA MUNDIAL EN 3 MINUTOS, 26 SEGUNDOS

O noso compañeiro Manuel, achegounos un video que fixo sobre a 1ª e 2ª Guerra Mundial, no que resume estes dous conflitos bélicos, nos que estamos a traballar, dun xeito moi ameno e simpático. 

Estou segura que vos vai gustar moito, e que, vos axudará a repasar esta parte da historia. Moi bo traballo!! 😍

He de recoñecer, que me encantan estas inciativas tan boas que tedes! Disfrutádeo!!

PARABÉNS MANUEL!!


07/06/2022

KAHOOT: A IDADE CONTEMPORÁNEA

 Déixovos o kahoot da IDADE CONTEMPORÁNEA  para que poidades repasar.

Estará activo ata o martes, 14 de xuño. 

Como sempre, lembrade facer un uso responsable do mesmo. 😉

Adiante!

Fai click na imaxe 


03/06/2022

O SÉCULO XX

O século XX supuxo un progreso tecnolóxico sen precedentes para  a humanidade. Ademáis, en moitas partes do mundo logrouse un amplo reparto da riqueza, unha mellora das condicións de vida e un avance na democratización da sociedade.

Nembargantes, este século estivo marcado polo conflito armado ao longo e ancho do planeta. Os tres grandes conflitos  mundiais que xeraron millóns de mortes e desprazados durantes este século foron:

I GUERRA MUNDIAL (1914-1918)

 

II GUERRA MUNDIAL ( 1939 -1945)


GUERRA FRÍA (1945-1989)




31/05/2022

FURGANDO NA HISTORIA

Na clase de CC. Sociais, estamos a traballar a historia; concretamente, estamos xa, no século XX. 

Aínda que parece que nos queda lonxe, se nos poñemos a remexer nas nosas casas, seguro que atopamos algún obxecto, foto ou mostra desta época. 

A nosa compañeira Estela, así o fixo, e, deunos a sorpresa de poder apreciar unha cámara de fotos que pertenceu ao seu bisavó. Unha verdadeira xoia! e, ademáis, moi ben conservada!


Que sorte temos de poder apreciar un cachiño de historia nas nosas mans!

Moitísimas grazas, Estela pola túa contribución!


 Seguimos a furgar na historia!!

30/05/2022

VISITA DO CD LUGO

O venres pasado tivemos unha visita sorpresa na aula!

Os xogadores do CD Lugo , Sebas Moyano, e máis, Chris Ramos, achegáronse ata a nosa clase para saudarnos. 

A verdade, é, que foi unha grata sorpresa para todos, pois temos que recoñecer, que no nivel de 6º curso,  somos bastante aficionados ao fútbol, e, por suposto... seguidores do equipo lucense,  CD LUGO!

Agradecemos enormemente aos mestres de Educación Física, Emilio e Borja, esta iniciativa, que, sen dúbida, alegrounos un pouquiño máis a mañá. 




6ºA CO EQUIPO DA NOSA CIDADE!


26/05/2022

A ESPAÑA DO SÉCULO XIX


En España, o nacemento da Idade Contemporánea estivo marcado pola Guerra da Independencia (1808-1814). Napoleón conseguiu o trono español, pero... que foi o que pasou? 

Fixádevos no eixe cronolóxico e mirade de novo con atención o video que traballamos hoxe na clase.


Cool Red Outer Glow Pointer