28/02/2025

ENTROIDO 2025

Rodeados  de virus, pero con todas as medidas de seguridade, celebramos a chegada do entroido no noso colexio.

 

Houbo regueifa entre mestres/as e alumnado, desfile pola rúa, e como non, música e baile. 

Ademais, coincidindo nestas datas, co Día Mundial das Enfermidades Raras, o noso grupo achegou o noso graíño de area para lembrar a importancia da investigación nestas doenzas que afectan a un número reducido de persoas.

E despois dunha bo xornada, que mellor xeito que rematar cunha boa chocolatada?
Así de ben o pasamos!











12/02/2025

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2025

 

Rosalía de Castro, a nosa escritora máis universal, tanto que ata ten unha estrela co seu nome no ceo, cumpriría 188 anos este 23 de febreiro.


Sabías que ... ?
O poema de Rosalía de Castro, "Adiós Ríos, adiós Fontes" ,  tivo orixinalmente o título de “Adiós, que eu voume”, e está considerado como o primeiro texto da autora en lingua galega. Pertence ao seu libro "Cantares Gallegos" e foi publicado en 1861 no xornal madrileño "El Museo Universal".


E así lembramos a Rosalía de Castro ...










10/02/2025

MEDIMOS LONXITUDES

Hoxe puxemos en práctica os nosos coñecementos sobre a medida de lonxitudes. 

Dende a mesa da profe, pasando polo caixón de obxectos perdidos e ata no lavabo dos servicios dos alumnos/as, tivemos que tomar nota das medidas para logo convertilas en distintas unidades de lonxitude.

Foi unha clase de matemáticas moi activa, onde, por suposto, tivemos que utilizar o metro. Uns expertos/as en medidas!! 



PARABÉNS RAPACES/AS!!

05/02/2025

UNIDADES DE MEDIDA: LA LONGITUD

Las unidades de medida estuvieron entre las primeras herramientas inventadas por los seres humanos. Las sociedades primitivas necesitaron medidas rudimentarias para muchas tareas: la construcción de moradas, la confección de ropa o la preparación de alimentos y materias primas.

Los sistemas tradicionales basan sus unidades de medición de distancia en las dimensiones del cuerpo humano.

Nuestra unidad principal de medida de longitud es el "metro" pero existen unidades mayores y unidades menores al metro.
 Mira y escucha atentamente:

¿Practicamos?
Clicka en la imagen


26/01/2025

DÍA INTERNACIONAL DA NON VIOLENCIA E A PAZ 2025

 

"Non hai camiño para a paz. A paz é o camiño"


Mahatma Gandhi (1869-1948) foi un dos impulsores do movemento da non violencia e un dos líderes que impulsaron a independencia da India en 1947.
O 30 de xaneiro, coincidindo coa súa morte, conmemórase o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.

Gandhi é considerado un heroe nacional no seu país e un símbolo das revolucións pacifistas en todo o mundo. Para defender os seus ideais, utilizaba métodos non violentos como a folga de fame.

Durante décadas axudou ás clases máis pobres da India e defendeu a paz mundial como vínculo de unión de todas as nacións. Foi nomeado cinco veces ao Nobel da Paz, aínda que nunca llo deron.


Na nosa clase, temos unha árbore onde colgamos os nosos desexos de Paz.













07/01/2025

SEGUIMOS!


Despois dos días de celebración do Nadal, retomamos a nosa actividade coas pilas ben cargadas. 
Entramos nunha parte importante do curso escolar: "O SEGUNDO TRIMESTRE". 
Agora máis que  nunca, imos precisar interese, esforzo e   traballo
Se fomos quen de superar o primeiro, por que non, o segundo?
Moito ánimo a todo o grupo! e ... 

A POLO SEGUNDO TRIMESTRE!!  

19/12/2024

NADAL 2024

 Dorme meu neno, dorme carabeliño,

que sae o Apalpador do seu acochiño

e baixa dos montes, cheíño de frío

e quere atoparche, no leito durmido.

Dorme que ven, a palparche

e aloumiñarche a barriguiña

e deixarche para o almorzo

castañas ben quentiñas ...


O grupo de 5º A, 
deséxavos 
Bo Nadal e Feliz Aninovo!






18/12/2024

VISITA SORPRESA

A piques de rematar o primeiro trimestre, cando xa temos todo o traballo feito, tivemos na clase unha sorpresa moi grande!. A nosa titora do ciclo pasado,  Ana Cuba, sorprendeunos coa súa visita.  Emocionounos saber, que Ana, veu disposta a pasar un rato xunto a nós, convertendo ese intre, nun momento especial  que nos encheu de ledicia.

Moitas grazas Ana por todos os agasallos que nos achegaches, e ante todo, por lembrarte de nós!!

Cool Red Outer Glow Pointer