Un logo é un símbolo formado por imáxenes ou letras que serve para identificar unha empresa, marca, institución... e as cousas que teñen relación con elas.
Esta semana decatámonos que ao noso blog lle faltaba ese símbolo que o identificase. Así que, puxémonos mans á obra e convocamos na aula un concurso para seleccionar o logotipo do noso blog. Unha vez vistos todos os deseños, procedimos á votación, saíndo escollido por maioría o traballo presentado por Manuel.
Todos os traballos que fixestes, son merecedores de recoñecemento, así que, PARABÉNS A TOD@S!!
Aquí vos deixo todos os vosos deseños por si queredes volver botar unha ollada.