Hoxe, Ainhoa, sorprendeunos coa súa aportación sobre unha parte do tema de Naturais que estamos a estudar: O REINO DOS FUNGOS.
Tróuxonos un libro moi interesante sobre o mundo dos fungos e falounos da afición familiar que hai na súa casa sobre este tema. Explicounos o significado da simboloxía que podemos atopar neste tipo de libros onde nos advirten da perigosidade, ou non, de inxerir determinados tipos de fungos.
Falounos tamén das especies que a ela máis lle chaman a atención: como son segundo o seu tamaño, as diferentes partes que teñen, as cores ...
Que sorte poder contar con estas inciativas na aula!
Moitas grazas, Ainhoa! 👏👏👏
LEMBRADE!!!
Podemos papalo! |
Perigo! Fungo tóxico | ! | |
Perigo!! Fungo mortal! |