17/06/2021

TRATAMENTO BÁSICO DE TEXTOS 



Cando temos que elaborar e presentar calquera tipo de documento facendo uso dos procesadores de textos é importante coñecer algúns aspectos básicos para o seu manexo.
É importante tamén, usar as ferramentas que nos ofrece de xeito adecuado. 
Velaquí tedes unha serie de “truquiños” e consellos para elaborar correctamente os vosos traballos.

1. ESCRIBIR: formato e aspecto do texto.

2. IMAXES, FORMAS e TÁBOAS: lapela INSERTAR

3. COPIAR E PEGAR: temos varias opcións

➢ Podemos seleccionar o texto facendo “clic” e arrastrando o rato. Botón dereito do rato: eliximos copiar / botón dereito do rato: pegar. 


Esta opción é a máis cómoda cando queremos copiar só un anaco do texto.
Tamén podemos facelo pulsando ao mesmo tempo: 
CONTROL + C para copiar, CONTROL + V para pegar

➢ Pulsar ao mesmo tempo as teclas CONTROL+ E. Esta opción empregámola para copiar un texto completo ou cando son varias páxinas as que necesitamos seleccionar.

4. ORIENTACIÓN DA PÁXINA e COLUMNAS: lapela DISPOSICIÓN

5. INSERTAR NÚMERO DE PÁXINA: lapela INSERTAR

É algo importante a ter en conta á hora de elaborar un documento ou un traballo.

OUTROS ASPECTOS IMPORTANTES:

Cando presentamos un traballo debemos ter en conta que debe incluír:

➢ 1. Unha portada co título e cos nosos datos.

➢ 2. Un índice cos principais apartados e as páxinas nas que se atopan.

➢ 3. É preferible usar unha letra sinxela e clara (Arial, Times New Roman son recomendables) , cun tamaño entre 12 e 14 (nos títulos pode ser un pouco maior).

➢ 4. O texto debe estar xustificado (opción na lapela parágrafo).

Cool Red Outer Glow Pointer