A peseta foi a moeda de curso legal en España e os seus territorios de
ultramar desde a súa aprobación o 19 de outubro de 1868 ata o 28 de
febreiro de 2002, tras a introdución do euro.
Hoxe, na clase de CC Sociais puidemos observar e coñecer moedas anteriores ao euro.
Grazas á contribución de Iker, coñecimos de primeira man as antigas pesetas e os seus céntimos. Coñecimos francos franceses e algunha moeda máis que non fomos quen de identificar (mágoa) .
Pero sen dúbida, a moeda que máis nos sorprendeu, foi unha moeda de 5 céntimos que data de 1877, pertencente ao reinado de Alfonso XII.
moedas de 1 peseta e céntimos de peseta
Anverso da moeda de Alfonso XII, 1877
Iker amosounos a cada un de nós as moedas que trouxo
XENIAL IKER!!, 👏👏👏
MOITÍSIMAS GRAZAS, !!
Que sorte temos con ter alumnado que nos ensina tantísimas cousas! 💖