Hoxe rematamos a nosa viaxe por Europa cunha triple escala: Partimos de Polonia para chegar a Andorra e dende alí, desprazámonos a Francia.
A primeira en chegar, foi a embaixadora de Polonia.
Sabíades que en Polonia se falan , entre outros idiomas máis, o eslovaco, o checo, o ucraniano e o ruso?
Impresionounos cando nos contou que na ciudad polaca de Wielicza, hai minas de sal que teñen unha profundidade de 327 metros e unha lonxitude de 300 Kilómetros. É por iso que recibe o nome de "Catedral subterránea da sal de Polonia".
Aquí tedes toda a información que nos deixou a súa embaixadora.
Dende Polonia partimos cara Andorra. O seu embaixador tróuxonos moitísima información sobre este país. Comentounos que Andorra é un dos países que menos densidade de poboación ten.
Explicounos que aínda que Andorra ten fortes vínculos coa Unión Europea (forma parte do espacio Schengen), aínda non se incorporou á eurozona.
Botade unha ollada ao video que nos presentou o seu embaixador e a toda a información que nos deixou.
E para rematar esta emocionante viaxe, quedamos en Francia, un dos países que acolle a máis de 42 millóns de turistas ao ano.
A súa embaixadora recomendounos moitas cousas: por suposto, visitar a súa capital, Paris, coñecida como a "Cidade da luz" e desfrutar de todas as marabillas que esta capital ofrece.
Sabíades que Marie Curie, física e química que foi pioneira no campo da radiactividade, polaca de nacemento, tiña a nacionalidade francesa?
Non deixedes de admirar todas as marabillas que este país ofrece! Canta información temos!
PARABÉNS RAPACES!
Temos un pasaporte bastante completiño co que fomos percorrendo unha parte ben importante de Europa.
Pero, sen dúbida, o máis importante é a bagaxe cultural que fomos adquirindo grazas á colaboración de todos vós. Decatareivos de que con pouquiño que acheguemos cada un de nós, o que recibimos é moi, moi grande.
Foron unhas semanas moi amenas e dinámicas!
Felicitarvos a todos por este proxecto que sacastes adiante!!
PARABÉNS A TODOS!!