Este venres, recibimos na nosa aula ,unha charla informativa/formativa que forma parte do PLAN DIRECTOR para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e a súa contorna, que aborda, todo o que ten que ver coa construción dunha sociedade democrática, tolerante, solidaria, etc.
A actividad foi impartida por un representante das Forzas e Corpos da Seguridade do Estado, que baixo o título "INTERNET, OPORTUNIDADES E RISCOS" falounos, entre moitos aspectos máis, das novas necesidades en materia de seguridade , derivadas da sociedade cambiante: uso correcto da internet e as novas tecnoloxías (como crear contrasinais seguras, a importancia de non facilitar datos persoais , perigos de compartir arquivos e fotos, que son os enlaces e arquivos spam...) e dous temas moi importantes: o CIBERACOSO e o GROOMING.
Como reflexo desta situación actual, presentáronnos o video titulado "LOVE STORY" claro exemplo da temática que estivemos a abordar.
Deíxovolo a continuación por si queredes visionalo novamente. Moi, moi interesante!