14/12/2022

ERUPCIÓN DO VOLCÁN

A erupción dos volcáns dáse cando o magma quéntase, acumúlase e tende a ascender cara á superficie da Terra.

Unha erupción volcánica pode provocar numerosos dános materiais e humanos debido á expulsión de lava e á emisión de gases tóxicos.

Ademais, poden ter consecuencias como incendios, esvaramentos de terreos e tsunamis se se produce a erupción preto do mar.


Hoxe, na clase de ciencias sociais, fixemos un simulacro de como sería a erupción de volcán.
Para iso, convertemos a nosa aula nun laboratorio.

Materiais que utilizamos:

Luvas para protexer as mans.

Vinagre

Colorante

Xabrón de lavar a louza

Bicarbonato de sodio

Recipientes para facer a mestura

E así saíu o noso experimento de hoxe:


(Lembrade non facer estes experimentos sen a axuda dun maior)

  • Un volcán tarda en formarse centos de anos; trátase dun proceso moi lento.
  • Os volcáns pódense extinguir se pasa o tempo; arrefríanse e non volven estar activos, pero pode haber volcáns latentes que se atopan apagados, pero poderían entrar en erupción no futuro.
  • A zona da Terra onde podemos atopar máis volcáns sitúase en Indonesia.
  • As pedras volcánicas poden flotar e son as únicas no mundo que o fan. Trátase das "pedras pómez", que son grises e están cheas de buracos que se forman debido aos gases quentes que están presentes na lava.
  • O volcán máis grande do mundo atópase en Haití e mide case 4.000 metros de altitude, o seu nome é Mauna Loa.
  • O volcán máis alto é o Ollos do Salgado que mide case 7.000 metros e atópase entre Arxentina e Chile.
  • Italia é o país de Europa con máis volcáns activos, ten catorce en total.
  • Na Terra prodúcense entre 10 e 20 erupcións nun día.


Cool Red Outer Glow Pointer