Durante esta semana, recibimos na nosa aula a Iván Pico, psicólogo, co que tivemos a sorte de traballar nos obradoiros sobre prevención de diferentes adiccións comportamentais, organizados polo Concello de Lugo.
Unha das adiccións que maior repercusión está a ter entre a xente nova, é a adicción aos medios tecnolóxicos: televisión, videoxogos, móbil e outros dispositivos.
A prevención e detección de actitudes que impliquen un uso inadecuado ou perxudicial para calquera, é primordial na formación como persoa.
Deixovos o video que traballamos estes días. Moi interesante!